Os veciños celebran a oposición unánime á A57 pero agardan a confirmación do Goberno...
Despois de que a corporación pontevedresa aprobara por unanimidade o seu rexeitamento a continuar co proxecto da A57, os veciños das parroquias afectadas abandonaron a sesión satisfeitos por esta mostra de apoio. Iso si, apuntaron que non estarán totalmente tranquilos ata que dende o Ministerio de Transportes se confirme que non se continuará traballando nesta infraestrutura.
Os traballadores de fábrica de ENCE asumen ‘unha guerra sen cuartel’ e amplían o...
Os traballadores da fábrica de ENCE en Lourizán, en Pontevedra, non queren dar un paso atrás. Comisións Obreiras, sindicato maioritario no comité, acusa á dirección da empresa de romper os compromisos adquiridos e de enganar ao persoal, á comarca e mesmo á Xunta de Galicia. Recordemos que a pasteira puxo sobre a mesa a súa intención de prescindir de 39 postos de traballo. Dende Comisións Obreiras aseguran que non serán cómplices deste recorte e manteñen o calendario de folga.
A AECC abre o seu mercado solidario para recadar fondos para as súas actividades...
Xa está aberto ao público o tradicional mercado da Asociación Española contra o Cancro de Pontevedra. Dende hoxe e ata despois de Reis, poderán realizar as súas compras solidarias no local deste ano, o número 14 da rúa García Camba, en pleno centro da cidade. O ano pasado grazas a esta iniciativa a asociación recadou preto de 25.000 euros, que destinaron a sufragar as súas actividades e á investigación do cancro.
O PSOE emenda ao PP e reclama que sexa a Xunta quen mellore a...
O Partido Socialista de Pontevedra presenta varias emendas á moción que o Partido Popular levará ao vindeiro pleno sobre o proxecto da A57. A formación critica o texto dos populares e consideran que demostra a falta dun proxecto para a cidade de Pontevedra por parte do PP. O BNG, pola súa banda, estudará presentar as súas propias emendas.
Juan de Sola recupera a historia dun pontevedrés que sobreviviu a Mauthausen en ‘Entre...
A vida de Ramón García Martínez, veciño da parroquia pontevedresa de Campañó que sobreviviu ao campo de concentración de Mauthausen, debúllase en ‘Entre los muros del olvido’, o último libro do xornalista Juan de Sola. Apoiado en documentación histórica, o autor reconstrúe a vivencia deste home, representación clara da historia do século XX. No proceso, Sola contou con dúas aliadas de excepción: as fillas de Ramón García, Silvana e Mayte, que o axudan no rescate dunha vida que merece ser contada.
A Escola Feminista de Pontevedra ofrece seis obradoiros para traballar no empoderamento e o...
Arranca unha nova edición da Escola Feminista da Mocidade do Concello de Pontevedra e faino con diferentes propostas centradas no autocoidado. Son seis actividades dirixidas á rapazada de 15 a 35 anos, todas elas gratuítas. Comezarán agora en novembro e prolongaranse ata maio do 2026.
Volve Pontevedra Rodando, o programa que introduce á cidadanía á creación audiovisual
Pontevedra recupera o proxecto Pontevedra Rodando, unha iniciativa dirixida a introducir á cidadanía no audiovisual. Os participantes terán cinco sesións teórico-prácticas para achegarse ao mundo do cinema e da creación audiovisual. Será a quinta edición da iniciativa, que prestará especial atención aos Premios Feroz que se entregarán en Pontevedra en xaneiro do 2026.
O túnel do terror do Sánchez Cantón borra a fina liña entre os mortos...
O Instituto Sánchez Cantón de Pontevedra non faltou á súa tradicional cita co Samaín. O alumnado do módulo Tempo de Lecer encargouse un ano máis de dar forma ao seu particular Túnel do Terror. Unha proposta que desta volta estivo dedicada á cultura galega e ao seu imaxinario máis terrorífico.
A chegada das chuvias preocupa aos veciños de Padre Fernando Olmedo, que ven ‘os...
A veciñanza da contorna das rúas Casimiro Gómez e Padre Fernando Olmedo, en Pontevedra, mira con preocupación a chegada do inverno e das fortes chuvias. Hoxe a Asociación de Afectados polas Inundacións do Río Valdecorvos mobilizouse para visibilizar o seu medo ante a posibilidade de que se repitan os asolagamentos de anos anteriores. Cren que unha vez máis chega a época máis complicada do ano con moitas preguntas e sen que as administracións fixeran os deberes.
A Deputación comezará o 2026 cuns orzamentos récord, roldando os 239 millóns de euros
A Deputación de Pontevedra xa ten listos os orzamentos para o vindeiro ano. Nas contas do 2026, a administración provincial contará con 238,6 millóns de euros, unha contía récord e que supoñen un 13,6% máis que no exercicio deste 2025. Estes orzamentos, que son os terceiros da Deputación con Luis López como presidente, entrarán en vigor o 1 de xaneiro de 2026 e, segundo López, son froito da estabilidade política.
















