Pontevedra berra contra o acoso escolar e esixe que se apliquen os protocolos que...
Pontevedra acolleu este mediodía unha das concentracións convocadas en toda Galicia contra o acoso escolar. Unha mobilización que responde á vaga de actos en recordo de Sandra Peña, a nena que se suicidou en Sevilla tras sufrir acoso escolar. Ela foi recordada hoxe na convocatoria pontevedresa, á que asistiron un cento de estudantes, moitos deles acompañados polas súas nais e pais. Algúns recoñeceron que sufriron, ou están a sufrir, bullying nos seus centros escolares. Todos xuntos reclamaron máis concienciación e máis medios para detectar e frear estes casos.
O profesorado maniféstase en Pontevedra para reclamar melloras laborais e máis recursos para o...
O profesorado mobilizouse hoxe en Pontevedra. A cidade acolleu unha das catro manifestacións convocadas en toda Galicia no marco da segunda xornada de folga no ensino público. Accións coas que o colectivo reclama melloras laborais e máis recursos para a educación pública.
Pontevedra ‘mudará a vergoña de bando’ na súa campaña polo 25N e contará maltratadores...
Este 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, Pontevedra contará maltratadores en lugar de vítimas. Inspirado polo caso da francesa Giselle Pelicot, o concello decidiu na campaña deste 2025 mudar a vergoña de bando. Segundo os datos recollidos, entre o 2015 e o 2024 contabilizáronse en Galicia 12.976 homes condenados por sentenzas firmes por violencia machista.
O alcalde denuncia a ‘grave discriminación’ da Deputación cara Pontevedra e defende o seu...
O alcalde de Pontevedra esixe á Deputación que manteña a relación de respecto que, asegura Miguel Anxo Fernández Lores, sempre existiu entre as dúas administracións. Para o rexedor capitalino, o feito de que ata dez concellos da provincia recibiran no 2024 máis transferencias directas da Deputación que Pontevedra, é un ataque ao estatus da cidade. Nunha carta enviada ao presidente, Fernández Lores demanda a Luis López que remate con este trato que considera discriminatorio.
As familias do Villa de Pitanxo ‘máis fortes que nunca’ tras coñecer o informe...
Tras coñecer o informe da CIAIM, as familias dos mariñeiros falecidos aseguran estar satisfeitas. Hoxe compareceu ante os medios de comunicación a súa voceira, María José de Pazo, filla dun dos tripulantes desaparecidos no naufraxio. Cren que o documento é rotundo, cunhas conclusións que amplían o espectro de responsabilidades. Continúan a reclamar xustiza para os seus mortos.
Pepe Solla, padriño da Gran Recollida de Alimentos, fai un chamamento contra os desperdicios
A campaña solidaria vaise celebrar na provincia de Pontevedra os días 7 e 8 de novembro co obxectivo de recoller 325.000 quilos de alimentos. Na súa presentación como padriño Solla fixo un chamamento á solidariedade, lembrando que o banco de alimentos aínda precisa máis de 500 voluntarios para a recollida. Fixo tamén un chamamento á responsabilidade, denunciando os millóns de toneladas de alimentos que acaban no lixo.
Cáritas abre unha campaña de micromecenado para as obras do seu centro de acollida...
O futuro centro de acollida para mulleres en risco de exclusión social que habilitará Cáritas en Pontevedra encara a súa fase final nas obras. Bautizado como Santa Ana, busca ofrecer un aloxamento digno, acompañamento social e espazos terapéuticos a mulleres vulnerables na comarca. Un centro pioneiro na contorna. Para completar o proxecto, que supón un investimento de 450.000 euros, Cáritas vén de poñer en marcha unha campaña de micromecenado.
Alzira inspírase en Pontevedra para avanzar na recuperación do espazo urbano para as persoas
O modelo de cidade de Pontevedra continúa chamando a atención doutros concellos que están a traballar na recuperación do espazo público para as persoas. Hoxe visitou a capital pontevedresa unha delegación de Alzira, un municipio valenciano de algo máis de 49.000 habitantes.
Prudencia en Amencer-Aspace ante a última promesa da Xunta de ampliar o concerto da...
Amencer Aspace recoñece as dificultades que para a asociación supón que a Xunta non amplíe o número de prazas concertadas na residencia que xestionan en Pontevedra. Aínda que conta con 32 prazas para atender a persoas con parálise cerebral, dende a súa posta en funcionamento só 12 contan con concerto autonómico.
Etiqueta Negra reunirá en Pontevedra un cento de expositores e presentará vinte novos produtos...
O gourmet galego prepárase para a súa cita ineludible en Pontevedra. Os días 8, 9 e 10 de novembro o Recinto Feiral acollerá unha nova edición, e xa van nove, de Etiqueta Negra. O salón xa está consolidado como o gran escaparate da innovación, a calidade e o talento dos produtores de toda Galicia. Este ano reunirá un cento de expositores e presentará vinte novidades.
















