O Banco de Alimentos precisa 800 voluntarios na zona de Pontevedra para a súa...
Chamamento da Fundación Provincial Banco de Alimentos á cidadanía. Os días 7 e 8 de novembro a entidade celebrará a súa Gran Recollida. Pero para facela posible, precisa mobilizar máis de 800 voluntarios en Pontevedra e nas localidades do norte da provincia. O obxectivo: superar os 325.000 quilos de alimentos recadados no 2024.
Máis de 125.000 persoas pasaron polas actividades da Bienal de Arte de Pontevedra no...
A recuperación da Bienal de Arte de Pontevedra foi un éxito rotundo. Así a cualifican dende a Deputación pontevedresa. Esta mañá, o goberno provincial realizou balance do impacto do regreso desta cita cultural. 125.000 espectadores pasaron polas diferentes propostas dunha programación que se prolongou 102 días. Uns datos que reafirman á administración provincial na súa aposta por manter esta cita. Haberá Bienal 2027.
Arrancan as conversas para expoñer en Pontevedra ‘A derradeira lección do mestre’ de Castelao
O Museo de Pontevedra quere expoñer ‘A derradeira lección do mestre’, obra cume de Castelao. O presidente e o vicepresidente da Deputación mantiveron un encontro co presidente do Centro de Galicia de Bos Aires para iniciar as conversas cara unha cesión temporal desta peza do rianxeiro. O obxectivo é poder expoñela no ano 2026.
O PSOE reclamará no pleno que a Xunta amplíe o número de prazas concertadas...
O Partido Socialista de Pontevedra reclama á Xunta de Galicia que amplíe o número de prazas concertadas na residencia que Amencer-Aspace ten na cidade. O compromiso anunciado o día da inauguración do centro falaba dun concerto de 21 prazas. Actualmente son 12, cuxos prezos, ademais, non están actualizados. Segundo os socialistas, cubrir este déficit de 300 euros por praza está a levar a Amencer a unha asfixia económica. Unha situación que o PSOE levará ao vindeiro pleno.
A rehabilitación do Pazo de Lourizán podería comezar a finais do 2026 e superará...
Avanzan os traballos previos á rehabilitación do Pazo de Lourizán, en Pontevedra. Dende o 25 de xuño, estanse a realizar actuacións de prospección, diagnose e recompilación de documentación para coñecer o estado do inmoble e poder elaborar os informes técnicos necesarios para o proxecto definitivo. De cumprirse os prazos previstos, as obras de rehabilitación deste edificio histórico poderían estar en marcha a finais de 2026.
A asociación Jenin pide dende Pontevedra o apoio cidadán para rematar co xenocidio de...
Visita institucional da Asociación Galaico-Árabe Jenin de Galiza a Pontevedra. O seu presidente foi recibido este mediodía polo alcalde da cidade. Sami Ashour trasladou a Miguel Anxo Fernández Lores o seu agradecemento polo apoio do concello a Palestina e a condena do xenocidio de Israel. Segundo Ashour, a situación do pobo palestino é extrema, polo que piden o apoio da cidadanía para poñer fin á masacre.
A AECC celebra en Pontevedra o Día Mundial da Investigación en Cancro co foco...
Hoxe celébrase o Día Mundial da Investigación en Cancro. E para conmemorar esta efeméride a Asociación Española Contra o Cancro en Pontevedra organizou o encontro ‘Diálogos sobre Ciencia e Investigación’. A cita sentou un investigador con dous pacientes que conversaron sobre o escenario actual dando os seus puntos de vista. Un xeito de poñer en valor a investigación en cancro e a importancia de incluír a perspectiva dos doentes oncolóxicos.
Os plans da Deputacion de Pontevedra contarán en 2026 cunha dotación económica ‘sen precedentes’
O goberno provincial mobilizará 128 millóns de euros para os concellos de menos de 50.000 habitantes. Avanzouno hoxe o presidente nun acto cos alcaldes e alcaldesas da provincia. Salienta a cifra récord do Plan +Provincia, que acada os 50 millóns de euros. Ademais, como novidade, os concellos poderán ter acceso anticipado as 35 millóns de euros do +Provincia do ano 2027 para proxectos plurianuais. Haberá tamén unha nova edición do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas con 8 millóns de euros e o segundo Plan Extra estará dotado no 2026 con 35 millóns de euros.
O concello busca a complicidade da hostalería en ‘Diversión Asegurada’, un protocolo contra as...
Pontevedra presenta un protocolo contra as agresións sexuais na hostalería nocturna da cidade. Bautizada como ‘Diversión Asegurada’, na iniciativa xa participan trece establecementos e tres festivais. O obxectivo é dotar aos profesionais da hostalería de ferramentas para actuar ante posibles agresións. Creando así espazos seguros para as mulleres.
A Deputación condena o boicot á etapa de La Vuelta polas Rías Baixas
Malestar na Deputación de Pontevedra polo boicot á etapa de La Vuelta que se celebrou onte nas Rías Baixas. A proba arrancou con normalidade en Combarro, no concello de Poio. Ao longo do traxecto producíronse manifestacións e protestas a favor do pobo palestino pero finalmente a concentración masiva que se celebrou en Mos, final da etapa, obrigou a adiantar a meta 8 quilómetros. O presidente provincial asegurou hoxe que respectan as protestas pacíficas pero condenan o boicot á proba deportiva.

















