DepoVAN, a nova liña de axudas da Deputación de Pontevedra de compra de vehículos...

A Deputación de Pontevedra crea unha nova liña de axudas para facilitar a entidades deportivas da provincia a compra de vehículos. A administración provincial destinará a este fin 300.000 euros. Explican dende a Deputación que con estas axudas buscar colaborar cos clubes á hora de facerlle fronte a un dos seus principais gastos como é o transporte.

BNG e PSOE acusan ao PP de facer campaña coa seguridade cidadá en Pontevedra

Tenso debate sobre a seguridade cidadá en Pontevedra. A cuestión centrou o pleno extraordinario celebrado esta mañá que se convocou a petición do Partido Popular, a raíz da pelexa rexistrada na praza de Barcelos a principios de mes. Finalmente, a formación quedou soa coas súas propostas como a creación dunha comisión de seguridade con representación das tres forzas políticas. As medidas non saíron adiante cos votos en contra de BNG e PSOE.

ENCE abre o prazo para a presentación de novos proxectos para o seu sexto...

En marcha a sexta convocatoria do Plan Social de ENCE. Xa está aberto o prazo para presentar os proxectos candidatos. Poderán facelo ata o vindeiro 18 de xullo. Nesta edición, a pasteira destina tres millóns de euros ao programa, que busca impulsar proxectos que favorezan o desenvolvemento sostible e o benestar dos habitantes de Pontevedra, Marín e Poio. Ata o momento, o Plan Social xa apoiou máis de 1.400 iniciativas.

O pleno extraordinario sobre a seguridade cidadá en Pontevedra celebrarase o vindeiro luns

Xa hai data para a celebración en Pontevedra do pleno extraordinario solicitado polo Partido Popular para abordar cuestións de seguridade cidadá. Será o vindeiro luns, 23 de xuño, ás 10 da mañá. Para os populares, trátase dunha sesión necesaria para tratar a inseguridade que, aseguran, hai nas rúas da cidade. Dende o PSOE cren que a única intención da formación é xerar alarma. Pola súa banda, o BNG insiste en que Pontevedra é segura.

Pontevedra conta as horas para o arranque do Multisport de Tríatlon 2025

Pontevedra conta as horas para o arranque do Multisport de Tríatlon. A cita inaugural será este venres e todo está listo na cidade para acoller ás máis de 10.000 persoas e case 4.000 deportistas que pasarán pola vila durante esta semana. Hoxe a Casa Consistorial acolleu a presentación oficial das probas que volverán poñer o foco do tríatlon mundial en Pontevedra.

Pontevedra, ‘orgullosamente diversa’, programa dúas semanas de actividades polo Orgullo

En Pontevedra este ano o Orgullo vivirase dun xeito especial. A programación coincide en plena celebración do Multisport de Tríatlon e o concello quere aproveitar a ocasión para presentarse como unha cidade segura e respectuosa. A cita central será o día 28. Ademais da festa na Alameda, celebrarase a manifestación reivindicativa baixo o lema ‘Nin un paso atrás. Nin unha letra menos’.

Pontevedra amosa o seu apoio a Palestina

O concello de Pontevedra loce no seu balcón unha pancarta de apoio a Palestina. BNG e PSOE participaron este mediodía no acto de despregamento, no que denunciaron o xenocidio que Israel está a cometer na Franxa de Gaza. As dúas formacións lamentaron a ausencia do Partido Popular á convocatoria.

Primeira xornada de folga das traballadoras da cociña do QuirónSalud para reclamar mellores condicións...

Primeira xornada de folga das traballadoras do servizo de cociña do hospital QuirónSalud Miguel Domínguez de Pontevedra. O cadro de persoal concentrouse hoxe ás portas do centro ante o temor de que a empresa concesionaria realice recortes nun servizo que, aseguran, xa están a ofrecer con menos recursos dos que serían necesarios.

Cita para os ‘plantlovers’ en Pontevedra: a cultura verde encherá a Alameda no II...

Os plantlovers ou o que é o mesmo, os amantes das plantas, teñen este sábado unha cita ineludible en Pontevedra. A Alameda acollerá a segunda edición do PlantFest, un evento dedicado a todo o relacionado coa cultura verde. Haberá intercambio de escallos, obradoiros familiares e concertos. Todo totalmente gratuíto. A proposta completarase con diferentes stands de venda e zona gastronómica.

A Policía Local estreará o seu novo dron no dispositivo Multisport de Tríatlon

A Policía Local de Pontevedra estrea unha nova ferramenta. Trátase dun dron equipado con tres cámaras que se empregará fundamentalmente en accidentes, emerxencias e na vixilancia dos grandes eventos. De feito, a intención é estrear este novo equipamento no marco do dispositivo do Multisport de Tríatlon de finais deste mes.

REDES SOCIAIS

40,767FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete