O PP pide a dimisión de Lores trala pelexa de onte e o PSOE...

A pelexa de onte tivo o seu eco na política local. O Partido Popular pediu este mediodía a dimisión do alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores. Acúsano de ser incapaz de xestionar os problemas de seguridade que, aseguran, sufre a cidade. En canto ao Partido Socialista, a formación fixo un chamamento ao sentido común e a buscar un acordo entre as administracións na procura dunha solución. Pola súa banda, os sindicatos policiais reclaman máis medios e efectivos para garantir a seguridade na cidade.

Barcelos xa estaba a ser vixiada pola Policía Local por ser punto de ‘menudeo’...

Continúa en estado grave un dos tres mozos que foron acoitelados onte na pelexa que se produciu na praza de Barcelos, en Pontevedra. Hai catro detidos por esta agresión, cunha quinta persoa identificada que os investigadores agardan arrestar proximamente. Dende o concello explican que esta zona estaba sometida a unha vixilancia especial por parte da Policía Local, por seren un punto de trapicheo de droga. Así as cousas, descartan que haxa bandas organizadas detrás da pelexa.

Unha misión inversa trae a Pontevedra un grupo de empresarios e produtos mexicanos para...

Estreitar os lazos e impulsar as relacións comerciais entre Galicia e México. É un dos obxectivos da misión comercial que estes días visita Pontevedra e a súa contorna. Un vínculo que naceu no 2017, grazas á visita comercial que organizou o concello pontevedrés ao país mexicano e que hoxe trae ata aquí unha delegación que inclúe empresariado con servizos de internacionalización, inversores mobiliarios e unha variada mostra de produtos gastronómicos.

Un novo acordo entre BNG e PSOE permite incorporar 28,5 millóns de euros ao...

En Pontevedra, novo acordo entre BNG e PSOE para sacar adiante unha nova modificación de crédito, a máis elevada da historia do concello. Deste xeito, incorporaranse ao orzamento máis de 28,5 millóns de euros, acadando a cifra de 127,15 millóns. Son cartos que se destinarán principalmente a investimentos. O acordo foi posible grazas á incorporación nas contas de diferentes proxectos propostos polos socialistas por valor de máis de 5 millóns de euros.

Preacordo entre concello de Pontevedra e Xunta para liberar a Xunqueira da Gándara

A liberación da Xunqueira da Gándara, en Pontevedra, está máis preto. O concello e a Xunta de Galicia avanzaron nesta demanda municipal, cun principio de acordo sobre o traslado das naves que o goberno autonómico posúe na zona.

Pontevedra programa música e animación para converter a cidade nunha festa co gallo do...

O Multisport non só encherá Pontevedra do mellor tríatlon. O concello ten deseñada unha programación paralela chea de música e animación para facer a proposta aínda máis atractiva tanto para as 12.000 persoas que pasarán pola cidade entre o 20 e o 29 de xuño como para a veciñanza. Unha programación propia que se completa coa celebración do Orgullo e coa inauguración da Bienal de Arte.

A AECC alerta do auxe de dispositivos de nicotina entre a mocidade e advirte...

Mañá, 31 de maio, conmemórase o Día Mundial Sen Tabaco e dende a Asociación Española contra o Cancro queren concienciar sobre os riscos que supón o seu consumo. Esta mañá na sede pontevedresa acolleron unha conversa que permitiu ofrecer unha visión integral do problema. Especialmente centrouse no auxe dos novos dispositivos, como os vapeadores ou cigarros electrónicos, e o seu éxito entre a mocidade.

Pontevedra estrea este domingo un contrato de residuos ‘pioneiro’

Pontevedra estreará esta fin de semana o novo contrato de xestión e tratamento de residuos. Entrará en vigor o domingo 1 de xuño pero a concesionaria terá un prazo de seis meses para implantar as melloras acordadas. O servizo segue a cargo da empresa PreZero pero tanto o concello como a compañía aseguran que se trata dun cambio de paradigma.O contrato ten unha vixencia de 20 anos e o concello pagará case 240 millóns de euros.

AJE busca dez proxectos de emprendemento para a quinta edición da súa aceleradora

Xa está en marcha unha nova edición da Aceleradora Ría de Pontevedra, unha iniciativa da Asociación de Jóvenes Empresarios e ENCE. Trátase da quinta convocatoria coa que buscan, un ano máis, promover o emprendemento e consolidar proxectos innovadores. Participarán preto dunha ducia de iniciativas.

Rafa Domínguez confía en contar co apoio do PP para repetir como candidato en...

O Partido Popular posiciónase xa en Pontevedra de cara ás vindeiras eleccións municipais. O seu actual líder, Rafa Domínguez, asegurou que se atopa nun bo momento persoal e político, coa intención de repetir como candidato do PP. Nun almorzo informativo coa prensa, presentou as principais liñas que marcarán o seu plan para a cidade.

REDES SOCIAIS

40,767FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete