O estudo de viabilidade e a proposta de trazado da Vía Verde entre Pontevedra...
Este ano haberá avances importantes no proxecto da futura Vía Verde que unirá Pontevedra e Arcade. Segundo anunciou hoxe o presidente da Deputación de Pontevedra, antes de que remate este 2026 farase entrega do estudo de viabilidade e da proposta de trazado. Luis López visitou hoxe o terreo xunto co director de Ferrocarriles Españoles.
Xoel López, Love of Lesbian ou Siloé pasarán por Pontevedra na quinta edición do...
Xa queda menos para unha das grandes citas musicais do verán en Pontevedra. Os días 21 e 22 de agosto a cidade acolle o Río Verbena, festival que chega á súa quinta edición máis que consolidado no calendario. Dezaoito artistas pasarán polos escenarios que se instalarán no Recinto Feiral. Entre eles, Xoel López, Love of Lesbian ou La La Love You.
Pontevedra saca agulla e fío á rúa polo Día Mundial do Bordado
Onte conmemorouse o Día Mundial do Bordado e en Pontevedra medio cento de persoas reuníronse para celebralo. Foi no marco de Vén bordar!, unha iniciativa impulsada pola artista mexicana e veciña da cidade Maritza Bertolini. Un aposta por dar visibilidade ao bordado como expresión artística en pleno espazo público.
Pontevedra convídanos a un picnic para bordar en comunidade co gallo do Día Internacional...
Pontevedra conmemorará o vindeiro 30 de xullo o Día Internacional do Bordado. Será coa proposta ‘Vés bordar?’, un picnic e sesión conxunta de bordado impulsada pola artista mexicana Maritza Bertolini. A cita será a partires das 6 da tarde baixo o magnolio dos Xardíns da Deputación e estará aberta a todos os públicos.
‘Valor Extra’: o balance da Deputación de Pontevedra dos tres anos de goberno de...
Hoxe na Deputación de Pontevedra foi día de facer balance dos tres anos do goberno encabezado polo presidente Luis Lópéz. Como resumo, o popular destacou que neste tempo se realizaron máis de 2.000 obras, 600 millóns de euros mobilizados e iniciativas centradas no apoio a concellos e colectivos veciñais. Ao acto celebrado no Pazo Provincial baixo o lema ‘Valor extra’ estiveron convidados todos os deputados, alcaldes da provincia, institucións e representantes da sociedade civil.
O Gafos comeza a asomar en Campolongo co inicio das obras de renaturalización
Os traballos de destape do río dos Gafos, en Pontevedra, concéntranse no seu arranque na contorna dos centros educativos da zona. A intención do concello é liberar os accesos de cara ao mes de setembro, para que as obras afecten o menos posible ao funcionamento destes centros. Hoxe o alcalde visitou a intervención, que cualificou como exemplar para o futuro urbano.
O Bigsound traerá ata Pontevedra artistas como David Bisbal, Ana Mena ou Nathy Peluso
Os días 17 e 18 de xullo volverá a Pontevedra un dos grandes eventos musicais do verán. O Bigsound Festival ultima os preparativos para esta cita, que agarda reunir a máis de 35.000 persoas no recinto habilitado no parque de Tafisa. Recordemos que polo escenario pasarán artistas como María Becerra, David Bisbal, Nathy Peluso ou Ana Mena.
Pontevedra promete ‘Un verán redondo’ con máis de 300 actividades
‘Un verán redondo’ é o lema do concello de Pontevedra para o programa de actividades previstas para o período estival. Hoxe presentouse un programa de máis de 300 actividades coa eclipse como un dos elementos centrais. Fenómeno astronómico que ademais coincide coas Festas da Peregrina. Estas Festas de Verán prolongaranse ata finais de setembro, cando se celebre a Gran Final das Series Mundiais de Tríatlon.
Iván Puentes repetirá como candidato do PSdeG á alcaldía de Pontevedra
Iván Puentes volverá encabezar a candidatura do Partido Socialista á alcaldía de Pontevedra nas eleccións de 2027. O actual secretario xeral e portavoz local foi proclamado de xeito unánime, despois de que a súa fora a única candidatura rexistrada. Puentes asegura que se presenta coa ilusión de poder liderar o goberno pontevedrés, nunhas eleccións que, di, chegan nun escenario profundamente aberto.
Unha nova senda une a Xunqueira da Gándara co parque forestal da Tomba
Pontevedra estrea nova senda entre a Xunqueira da Gándara e o parque da Tomba. Hoxe foi inaugurado o trazado de 1,8 quilómetros que forma parte dun proxecto do concello para poñer en valor todo o territorio periurbano do municipio. A intervención contou cun investimento de 158.000 euros.














