Máis de 200 voluntarios da AECC buscan a colaboración da veciñanza para apoiar o...
A Asociación Española Contra o Cancro celebrou hoxe unha das súas xornadas máis importantes. Un exército de voluntarios saíu ás rúas para participar na cuestación anual da entidade, e recollendo as doazóns da veciñanza. Todo o recadado contribuirá ás actividades da asociación, como é a investigación, o apoio aos enfermos de cancro e ás súas familias e á prevención.
O PSOE buscará no pleno que Pontevedra lidere a oposición institucional contra Altri
O PSOE buscará que o concello de Pontevedra se pronuncie en contra de Altri, a macrocelulosa que se quere construír en Palas de Reis. A formación levará unha moción ao vindeiro pleno denunciando a xestión da Xunta ao redor deste proxecto que, recordan, terá impacto negativo sobre a conca do río Ulla e a ría de Arousa.
Así se viviu o apagón nas comarcas de Pontevedra, O Salnés e Caldas
Normalidade nas comarcas de Pontevedra, O Salnés e Caldas logo do gran apagón deste luns que deixou ás escuras a Península Ibérica. Na maioría de municipios desta zona o subministro eléctrico volvía de madrugada.En zonas da cidade de Pontevedra sobre a 1, na Illa ou Vilagarcía sobre as 4, en Poio case ás 5 ou en Cambados case ás 6. Noutros concellos, como no de Sanxenxo ou O Grove, a luz non regresaba ata as 8 e media desta mañá. Durante a noite, nos municipios reforzouse a presenza policial e dos efectivos de emerxencia para garantir a seguridade da poboación.
As farmacias pontevedresas alíanse coas persoas con patoloxías vasculares periféricas
As farmacias de Pontevedra traballarán para dar visibilidade ao lipedema, o linfedema e á insuficiencia venosa. O Colexio de Farmacéuticos da provincia porá en marcha esta campaña pioneira da man de asociacións de pacientes que padecen estas patoloxías vasculares periféricas, a día de hoxe infradiagnosticadas e moi descoñecidas. O obxectivo é que estes profesionais poidan ofrecer información e asesoramento ás persoas, derivándoas ás asociacións correspondentes e visibilizando estas enfermidades.
A banda deseñada marcará o inicio do verán cultural de Pontevedra co festival BDra...
O festival de cómic de Pontevedra, o BDra Gráfica, volverá dar o tiro de saída ao verán cultural da cidade. Será, iso si, antes que o ano pasado. A cita tivo que adiantar a súa celebración por mor do Campionato do Mundo de Tríatlon Multideporte que a cidade acollerá a finais de xuño. Así, este ano o BDra Gráfica será entre o 22 e o 25 de maio, e volverá a traer ata Pontevedra aos principais autores de banda deseñada a nivel nacional e internacional.
O Pontevedra continúa a celebración do ascenso coas recepcións institucionais
O Pontevedra amarrou onte o seu ascenso a Primeira RFEF. Fíxoo fronte ao Laredo, cun resultado dun 4 a 2 ante un Pasarón ateigado de afeccionados que non quixeron perder o regreso dos granates a esta categoría. A festa trasladouse despois do campo ás prazas da cidade e continuou hoxe coa axenda máis institucional. O conxunto foi recibido polos presidentes da Xunta e da Deputación de Pontevedra e polo alcalde da cidade.
A AECC arranca o vindeiro mércores as súas Rutas Saudables: doce propostas para todos...
A proposta das rutas saudables organizadas pola Asociación Española Contra o Cancro volverá a Pontevedra o vindeiro mércores 23 de abril. Nesta sexta edición da actividade serán seis os roteiros por diferentes puntos do concello que se desenvolverán durante doce semanas. A iniciativa é apta para todos os públicos e totalmente gratuíta, e busca fomentar a actividade física entre as persoas máis sedentarias.
Jennifer López interpretará en Pontevedra os grandes éxitos da súa carreira
Jennifer López actuará o 8 de xullo en Pontevedra. A cantante estadounidense escolle a cidade do Lérez para arrancar en España a súa xira Up all night, despois de cinco anos sen pasar polo estado. Pouco se sabe deste concerto de relevancia internacional, que será no parque de Tafisa e no que Jennifer López interpretará os grandes éxitos da súa carreira. Pendentes aínda de que se publique a capacidade do recinto e se anuncie a saída á venda das entradas e os seus prezos, agárdase que sexa multitudinario.
O PSOE denuncia que o cambio dos sinais na contorna do mercado derivou nunha...
O Partido Socialista de Pontevedra denuncia a confusión xerada polos novos sinais que regulan o aparcadoiro nas rúas da contorna da praza de abastos. Ata o de agora, a pesares de ser unha zona reservada a servizos, os vehículos podían quedar estacionados fóra do horario establecido. Agora só se permiten paradas dun máximo de 15 minutos entre as 8 da mañá e as 9 da noite. Dende o concello explican que se busca evitar as festas improvisadas que se montaban polas noites. Os socialistas critican que o cambio non se anunciara previamente e que os novos sinais, din, non son claros. Na fin de semana impuxéronse xa unha vintena de multas.
Pontevedra incorpora un punto limpo móbil para a recollida de residuos en barrios e...
Pontevedra incorporará un novo servizo na súa xestión de residuos. Trátase dun punto limpo móbil que percorrerá os barrios e parroquias da cidade, no marco do novo contrato que se porá en marcha no concello. É unha unidade con dezasete puntos de recepción de distintos materiais, que van dende pilas a cargadores, pasando incluso por voluminosos.

















