Directivos de QuirónSalud de Madrid viaxan ata Pontevedra para reunirse cos traballadores do Domínguez

Xornada clave no calendario de protestas iniciado polo cadro de persoal do Hospital Quirón Salud Domínguez de Pontevedra. Esta mañá, o comité de empresa estaba citado a unha reunión con representantes da dirección chegados dende Madrid. A súa intención era trasladarlles o descontento do persoal cos últimos despedimentos e co peche de servizos. Antes do encontro, concentráronse ás portas do hotel onde se ía celebrar para demostrar a unión dos traballadores.

O veciño de pontevedra afectado polas pedradas na AP9 plantéxase recorrer aos tribunais

Un veciño de Pontevedra, entre os afectados polo lanzamento de pedras aos vehículos que circulaban pola AP9 que se rexistrou a principios do mes de febreiro. Ademais de esnaquizarlle o cristal do parabrisas e provocarlle máis danos no vehículo, o suceso tivo un efecto colateral para David Valqui: perdeu o traballo que acababa de conseguir por non poder asumir a reparación do coche que precisaba para desprazarse. Case un mes despois dos feitos, non se coñece a identidade dos responsables.

Enfrontamento entre Deputación e concello pola licenza de obra de Santa Clara

Enfrontamento entre a Deputación e o concello de Pontevedra con motivo da rehabilitación de Santa Clara. Hoxe o vicepresidente provincial acusou ao alcalde de empregar o proxecto como arma política, atrancando no concello a concesión da licenza de obra. Dende o goberno local, pola súa banda, aseguran que non poden conceder esta licenza sen ter o informe sectorial de Patrimonio, que a Deputación aínda ten pendente. Din que completar o trámite sen ter esta documentación sería prevaricar.

Alumnado da Escola de Idiomas de Pontevedra denuncia que leva un mes sen clase...

O alumnado da Escola de Idiomas de Pontevedra reclama celeridade á hora de cubrir as ausencias do profesorado. Hoxe un grupo de estudantes de portugués concentrouse ás portas do centro para chamar a atención sobre a súa situación: hai un mes que non teñen clase pola baixa do profesor. Reclaman que se tomen medidas que solucionen esta problemática, que afecta, din, ao rendemento académico.

Deputación, Xunta e sindicatos pechan un acordo de melloras que remata co conflito dos...

Punto e final ao conflito dos bombeiros comarcais de Pontevedra. Deputación, Xunta e sindicatos foron quen de achegar posturas e pactar unha solución que remata con anos de conflito aberto. O acordo contempla a ampliación do cadro de persoal con 17 efectivos, melloras salariais e avances laborais.

A Deputación de Pontevedra anima a falar en galego no acto do Día de...

Neste 21 de febreiro conmemoramos o Día da Lingua Materna e, ademais, estamos ás portas da celebración do Día de Rosalía. A Deputación de Pontevedra encheuse hoxe de rapazada nun acto no que o presidente provincial animounos a seguir falando en galego. Ao acto asistiu rapazada de terceiro de Primaria do CEIP Campolongo, de Pontevedra.

SOS Sanidade Pública recolle sinaturas para esixir que o aparcadoiro do Gran Montecelo sexa...

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública continúa coa súa recollida de sinaturas para evitar que o aparcadoiro do Gran Montecelo sexa de pago. Esta mañá instalaron a súa mesa informativa fronte ao Hospital Provincial, en Pontevedra. Dende o colectivo animaron á veciñanza a sumarse á campaña contra unha decisión que, aseguran, hipoteca o futuro da área sanitaria.

Case 300 proxectos beneficiaranse da quinta edición do Plan Social de ENCE

O Plan Social de ENCE beneficiará na súa quinta edición preto de 300 proxectos de Pontevedra e da súa contorna. Como en anos anteriores, nesta convocatoria do 2024 a empresa repartirá entre estas iniciativas un total de 3 millóns de euros. Son proxectos relacionados coa promoción do deporte base e de elite, coa educación e a cultura, coa inclusión social, coa recuperación e coidado da contorna e co emprendemento e a innovación.

Pontevedra, escenario da primeira asemblea do Viño de Galicia

Pontevedra acolleu a primeira Asemblea do Viño Galego. Trátase dunha proposta impulsada pola Asociación Galega de Sumilleres na que estivo presente todo o sector. Ao encontro asistiron enólogos, viticultores, sumilleres, distribución ou docentes. Sobre a mesa, distintas necesidades e problemáticas que afectan a toda a cadea. Entre elas, a necesidade de darlle visibilidade a todas as patas do sector e posicionar os viños galegos de forma máis coordinaada no resto de España e nos mercados internacionais.

A Sala Zennet non pecha: ‘Non somos unha discoteca, somos un café-espectáculo e por...

A sala Zennet, o local de hostalería situado no Club Naval de Pontevedra, non terá que pechar. Así o defenden os seus responsables. Carlos Fontán e Javier Mori saíron ao paso das informacións publicadas sobre unha resolución de Portos de Galicia na que ordena o cesamento da súa actividade como discoteca. Fontán e Mori defenden que a licenza do seu local é como café-espectáculo, polo que non consideran que a orde lles afecte.

REDES SOCIAIS

40,767FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete