O Hospital Montecelo estréase na doazón en asistolia controlada coa que agarda aumentar o...

A Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés xestionou no 2024 a doazón de nove órganos e dúas córneas. Todos procedentes de tres doadores, dun total de cinco potenciais. Destacan dende a xerencia que tan só se deu unha negativa familiar. Ademais, o Hospital Montecelo ten en marcha un novo protocolo de doazón tras unha morte circulatoria, coñecida como doazón en asistolia controlada, que cren que incrementará o número de doadores. Esta mesma tarde, realizouse a primeira destas doazóns.

Rías Baixas recibiu 1,8 millóns de turistas en 2024, un ‘ano inmellorable’ para a...

O 2024 foi 'inmellorable' para o turismo en Rías Baixas. O ano pasado visitaron a provincia de Pontevedra 1,8 millóns de persoas. É un 5% máis respecto ao 2023. Segundo o presidente provincial, Luis López, trátase do mellor ano turístico da historia.

Máis dun cento de taxistas paran en Pontevedra para protestar pola suba ‘abusiva’ dos...

Mobilización do sector do taxi da provincia de Pontevedra contra a suba dos seguros. Máis dun cento de vehículos secundaron a convocatoria do paro realizada a nivel estatal. Na capital pontevedresa concentráronse na praza de España entre as 11 e a 1 da mañá para denunciar un incremento das pólizas que consideran abusivo e que pon en perigo, din, a viabilidade da súa actividade. Sobre todo para os que traballan en zonas rurais.

O PP reclama no Congreso e no Senado coñecer proxecto de rehabilitación da antiga...

O Partido Popular de Pontevedra mira cara o antigo edificio de Facenda. A formación reclama a rehabilitación urxente do inmoble, que leva baleiro dende hai case 15 anos. Tras coñecer din, a través da prensa, o proxecto de rehabilitación que manexa o Ministerio de Cultura, demandan ao Goberno a información oficial para afondar sobre os plans para este senlleiro edificio. Recordemos que a intención é que acolla o futuro Arquivo Provincial.

A cesión da avenida de Compostela desbloqueará solo que podería acoller un milleiro de...

A cesión ao concello de Pontevedra dun treito da estrada Nacional 550 e da avenida de Compostela anunciada onte polo Ministerio de Transportes permitirá á cidade medrar cara o seu acceso norte. Segundo explicou hoxe o concelleiro de Infraestruturas, a medida suporá o desbloqueo urbanístico de varias parcelas baleiras na contorna. Un espazo que, segundo César Mosquera, podería acoller ao redor dun milleiro de novas vivendas.

Mango avalía ampliar a súa tenda de Benito Corbal unindo outros cinco locais adxacentes

Mango proxecta a súa expansión na milla de ouro pontevedresa. A compañía téxtil presentou unha solicitude de consulta urbanística no concello para unir a tenda actual que xa ten en Benito Corbal con outros cinco locais. Son os que están situados no baixo do edificio que fai esquina coa rúa Daniel de La Sota. Dende o goberno local confirmaron que o proxecto sería viable dende o punto de vista urbanístico.

Pontevedra volcouse cos Premios Feroz cun cheo no Pazo da Cultura para seguir en...

Ademais dos convidados á gala, 1.100 persoas puideron seguir o evento en directo dende o propio Pazo da Cultura. Tanto o auditorio como o salón de actos foron habilitados con pantallas xigantes para que non se perderan nada. Antes de entrar, os pontevedreses amosaban o seu orgullo por converterse na sede dos Premios Feroz.

A gastronomía, a xente e mesmo o tempo: Pontevedra namora aos protagonistas dos Feroz

Foi o sábado cando a alfombra vermella despregouse no Recinto Feiral. A cidade vestiu de gala para recibir a todas as estrelas que acudiron á gala de entrega dos Premios Feroz. Antes de entrar, todos destacaron os encantos de Pontevedra e de Galicia. Tamén a súa satisfacción porque galardóns coma este non se celebren sempre en Madrid.

Os premios Feroz deixan en Pontevedra ao redor de 1.300 pernoctacións na fin de...

Pontevedra aínda está nunha nube despois do éxito arrasador da gala dos Premios Feroz do pasado sábado. A cidade deixou o listón ben alto despois da súa estrea como sede desta importante cita do audiovisual español. Evento que tamén deixou a súa pegada na capital pontevedresa. Por exemplo, a organización pechou ao redor de 1.300 pernoctacións na fin de semana na cidade.

As comarcas de Caldas e O Salnés, pendentes da situación do río Umia

Nas comarcas do Salnés, Caldas e Pontevedra Herminia tamén se deixou notar con forza, pero sen incidencias graves. Árbores caídas, colectores do lixo envorcados, bolsas de auga e pequenos desprendementos foron a tónica habitual nas últimas horas. O que máis preocupa é a evolución dos ríos e, en especial, a situación do Umia ao seu paso por Caldas.

REDES SOCIAIS

40,767FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete