Patrimonio reafírmase e autoriza ás monxas a levar o Retablo dos Desamparados de Santa...

As monxas poderán levar da igrexa de Santa Clara, en Pontevedra, o retablo dos Desamparados. A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural deu luz verde ao traslado, despois de desbotar o recurso presentado pola Deputación de Pontevedra contra a reclamación da orde relixiosa.

O PSOE insta ao concello a ‘colaborar urxentemente’ con Augas de Galicia para executar...

O Partido Socialista, satisfeito co anuncio da colaboración entre o concello de Pontevedra e Augas de Galicia para paliar as inundacións na rúa Padre Fernando Olmedo. Unha oportunidade que o PSOE non quere que se perda, polo que levará ao vindeiro pleno unha moción para darlle pulo. E destacan que a solución que se está a valorar aseméllase á proposta polos socialistas no 2022.

A Denominación de Orixe Rías Baixas exportou menos pero a maior prezo que no...

Balance agridoce das exportacións da Denominación de Orixe Rías Baixas: vendeuse menos pero a máis prezo no último exercicio. O volume de vendas caeu en algo máis dun 3%, ata os 7,8 millóns de litros, pero o valor medrou por riba do 4%, ata acadar os 62 millóns de euros. Estados Unidos e Reino Unido repiten como os principais mercados no estranxeiro para os viños de Rías Baixas.

Música e poesía na Deputación para ‘romper o silencio’ e conmemorar o 25N

O Pazo Provincial acolleu hoxe o acto central para conmemorar o 25 N, Día Mundial para a Erradicación da Violencia sobre a Muller. A Deputación de Pontevedra fíxoo unindo as voces de persoas recoñecidas en diferentes eidos. Unha fórmula, dixeron, para romper o silencio e avanzar cara a eliminación desta lacra.

Impulso ao proxecto do viario de Mollavao e á reforma da rúa 12 de...

Concello e Deputación de Pontevedra asinan os convenios de colaboración para as reformas das rúas Rosalía de Castro e 12 de novembro. Son dúas actuacións que, segundo indicaron esta mañá, mellorarán o espazo público da cidade. O presidente provincial foi recibido polo alcalde no novo salón de plenos. Miguel Anxo Fernández Lores agradeceulle a Luis López que se manteñan os compromisos realizados no pasado mandato. Tamén destacou a importancia da colaboración institucional.

Pontevedra reabre a súa casa consistorial reivindicando os servidores públicos

A reforma da casa do concello inaugurábase o pasado venres, nun acto no que ademais do actual alcalde asistiron os outros dous rexedores vivos da Democracia. Tamén un cento de concelleiros das distintas corporacións. Na reapertura do consistorio, Miguel Anxo Fernández Lores aproveitou para reivindicar a figura dos políticos como servidores públicos.

Rueda fixa como unha prioridade da Xunta a rehabilitación do Pazo de Lourizán

Xa se pode visitar en Pontevedra a exposición 'Lourizán, presente, pasado e futuro'. A exposición foi inaugurada este xoves polo presidente da Xunta.

O acusado de atacar un xornalista en Pontevedra armado cun coitelo: ‘Perdín a cabeza’

Visto para sentanza o xuízo contra Andrés de Vicente, coñecido como 'Capi' pola tentativa de asasinato dun xornalista da Voz en Pontevedra. A Audiencia Provicial acolleu hoxe o xuízo. Capi, de 26 anos, que se fixera moi coñecido cando no 2015 agredira ao expresidente do goberno Mariano Rajoy, alegou que cando irrompeu na redacción do xornal armado cun coitelo e un rolo non tiña máis intención que causar danos materiais. Pola contra, tanto a fiscalía como a vítima, aseguran que quixo matalo.

Diana Nogueira, madriña da Gran Recollida de Alimentos 2024

Diana Nogueira será a Madriña do Banco de Alimentos da provincia de Pontevedra para a Gran recollida deste 2024. A presentadora e actriz fixo un chamamento á poboación para que se anote como voluntariado.

Catro bombeiros de Pontevedra súmanse aos traballos na zona afectada pola DINA en Valencia

s Rías Baixas continúan co foco posto na Comunidade Valenciana. Catro bombeiros pontevedreses trasladaranse en breve a Valencia como colaboración do Concello  nas tarefas de rescate e recuperación dos danos causados pola DINA. Xunto con estes efectivos, aportarase un camión e material de rescate e achico. A previsión é que permanezan alí, polo menos, sete días.

REDES SOCIAIS

40,766FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete