A mellora da seguridade viaria na contorna do colexio de Campañó estará lista o...

Comezan as obras de mellora da seguridade viaria na estrada entre Pontevedra e Vilagarcía á altura de Campañó. A actuación céntrase nun treito de medio quilómetro, cun investimento de máis de 860.000 euros. A intervención busca mellorar a mobilidade na parroquia, cunha nova glorieta, sendas peonís ou zonas de estacionamento.

O primeiro exoesqueleto pediátrico do mundo xa está en Pontevedra

Trátase dunha tecnoloxía única en toda a provincia que permite camiñar a nenos con parálise cerebral ou outras patoloxías afíns. Vai comezar a empregarse no vindeiro mes de novembro no servizo de rehabilitación externa de Amencer-ASPACE.

O Banco de Alimentos busca 500 voluntarios que axuden na Gran Recollida do mes...

O Banco de Alimentos busca voluntarios para a súa Gran Recollida na provincia de Pontevedra. Segundo os seus cálculos, son necesarias ao redor de 500 persoas para levar adiante este campaña, que se desenvolverá o días 22 e 23 de novembro. Dende a Fundación Provincial alertan da necesidade de incrementar as súas reservas para poder seguir atendendo ás preto de 5.000 persoas usuarias. O obxectivo para este ano: recadar 325.000 quilos de comida.

A AECC busca afiliados en Pontevedra apelando ao ‘sentimento PTV’

Colaboración a tres bandas entre Rotary Pontevedra, concello e Asociación Española Contra o Cancro para captar novos asociados na loita contra o cancro. Unha vintena de carteis repártense pola cidade para apelar á xente a que se faga socia da asociación. Botan man de costumes e elementos típicos de Pontevedra, cunha linguaxe dirixida sobre todo á mocidade.

O alumnado da Escola de Hostalería de Leioa enche de gastronomía vasca o gastroespazo...

O Gastroespazo do Mercado de Pontevedra mergullouse este mediodía na gastronomía vasca. O alumnado da Escola de Hostalería de Leioa cociñou para un grupo de comensais pontevedreses, no marco dunha actividade organizada da man do Centro Integrado de Formación Profesional Carlos Oroza. Un menú a base de pintxos no que tamén estivo representado o produto galego.

A veciñanza vixiará que a intervención no edificio en ruínas da rúa Serra garanta...

O estado de abandono dun edificio na rúa Serra de Pontevedra mantén en vilo aos veciños da zona. Despois de anos reclamando unha intervención, conseguiron que o concello comezara onte os traballos para asegurar a estrutura. Pero a veciñanza desconfía e teme que as medidas que se tomen non sexan suficientes e que a seguridade de transeúntes e das vivendas adxacentes non quede garantida.

O PSOE reclama á Xunta o traslado do servizo de Psiquiatría ao Novo Montecelo

O Partido Socialista de Pontevedra reclama á Xunta de Galicia que traslade a unidade de hospitalización psiquiátrica ao novo Montecelo, unha vez estean rematadas as obras. A formación alerta do posible incumprimento do compromiso inicial de Sanidade, que pasaba por trasladar ao novo edificio todos os servizos que actualmente acolle o Hospital Provincial. Segundo unhas declaracións realizadas polo xerente da área Pontevedra-Salnés, cinco servizos continuarán neste inmoble. Psiquiatría entre eles. Para os socialistas, estas instalacións non cobren as necesidades para prestar esta atención.

Pontevedra inaugurará a Casa Consistorial o 15 de novembro despois da súa rehabilitación

Pontevedra ten unha importante cita o vindeiro 15 de novembro. É a xornada marcada polo concello para inaugurar a Casa Consistorial, despois de dous anos pechada polas obras de rehabilitación. Será un gran acto social, ao que estarán convidadas todas as persoas que na democracia formaron parte da corporación municipal. Ademais, organizaranse visitas guiadas, vodas e os plenos municipais.

Boa Vida impulsa un programa pioneiro para loitar contra a soidade non desexada e...

Loitar contra a soidade non desexada é o obxectivo do programa no que están a traballar a ONG Boa Vida e o concello de Pontevedra. Son dous proxectos: Vida compartida e Fogares Creativos, que se desenvolverán ata finais de ano en catro parroquias do municipio. Buscan dar resposta a dúas realidades: a demanda de compañía ou de coidados e a de escaseza de vivendas para alugar, sobre todo a persoas en situación de vulnerabilidade.

A Deputación de Pontevedra porá máis de 91 millóns de euros a disposición ...

Máis de 91 millóns de euros repartidos en tres plans de investimentos para os concellos. Son as contas da Deputación de Pontevedra para o vindeiro 2025. Repiten o plan +Provincia e o Plan de Infraestruturas Deportivas, que no 2025 duplica o seu orzamento ata os 8 millóns. A eles súmase un terceiro, a novidade presentada hoxe polo presidente Luis López: o Plan Extra, dotado con 35 millóns para que os concellos afronten investimentos de carácter estratéxico.

REDES SOCIAIS

40,766FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete