Pontevedra mantén pechados os parques e as zonas arboradas, pendente da avaliación dos servizos...

O paso do temporal Kirk tamén se deixou notar con forza en Pontevedra. Na cidade, rexistráronse decenas de incidencias durante a madrugada e as primeiras horas da mañá. Así as cousas, ningunha deixou consecuencias de gravidade para as persoas. Foron principalmente caídas de árbores que, nalgúns casos, obrigaron a cortar vías de circulación. Parques, xardíns e outras zonas arboradas continuarán pechadas, alomenos ata mañá.

Pontevedra pecha parques e espazos naturais e activa a prealerta ante a chegada de...

Pontevedra prepárase para intentar minimizar os efectos de Kirk, os restos dun furacán tropical que chegarán mañá mércores ás Rías Baixas. Esta mesma tarde, o concello pechou os espazos abertos e con árbores, como os parques infantís ou a Alameda, ante a posibilidade de que os fortes ventos e chuvias que se agardan provoquen caída de árbores e pólas. Tamén preocupan posibles asolagamentos en diferentes puntos sensibles da cidade. A AEMET ten decretada a alerta laranxa para mañá, mércores.

As clarisas reclaman o altar da Virxe dos Desamparados, que marchará para Santiago

> O altar da Virxe dos Desamparados abandonará a igrexa do convento de Santa Clara de Pontevedra. A orde das clarisas solicitou o seu traslado a Santiago e xa contan co visto bo da Dirección Xeral de Patrimonio. Dende o goberno da Deputación, o seu vicepresidente responsabiliza ao alcalde da cidade. Para Rafa Domínguez, no momento da compra Miguel Anxo Fernández Lores firmou o maior espolio cultural da historia pontevedresa ao permitir que estas pezas seguiran sendo propiedade da igrexa. As clarisas levarán o altar da Virxe dos Desamparados para Santiago. A peza, que actualmente está na igrexa do convento de Santa Clara, foi reclamada pola orde relixiosa. Para o vicepresidente da Deputación, o responsable desta situación é o alcalde de Pontevedra. Rafa Domínguez critica que no contrato de compravenda se reservara á orde relixiosa a opción de reclamar os retablos da igrexa antes de rematar o 2025. Polo que poderían levar tamén o altar maior, valorado en 126.000 euros, os laterais, o púlpito, o coro ou o órgano, cun valor calculado nos 135.000 euros. Domínguez recordou tamén que froito do contrato de compravenda asinado polo concello de Pontevedra, as clarisas levaron xa 18 pezas relixiosas no momento de deixar o convento. O traslado do altar da Virxe dos Desamparados xa conta co visto bo da Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia e a orde relixiosa ten 20 días dende hoxe para levar a cabo o traslado. Está valorado en 74.000 euros e a intención das clarisas é mantelo para o culto.

Amencer conmemora o Día Mundial da Parálise Cerebral reclamando máis recursos para atender...

O vindeiro 6 de outubro conmemórase o Día Mundial da Parálise Cerebral. Pero en Amencer-ASPACE adiantaron a hoxe a celebración. Escolleron un dos espazos comúns da súa nova residencia no Centro Sur como escenario do acto conmemorativo. Unha cita que aproveitaron para reclamar máis recursos especializados para atender o envellecemento das persoas con parálise cerebral. O lema: ‘Envellecer. Decidir.Vivir”.

A Deputación lanza ‘+Escénicas’ e achega aos pequenos concellos un cento de espectáculos...

O teatro e a danza fanse un oco na aposta cultural da Deputación de Pontevedra. Hoxe presentouse +Escénicas, o primeiro circuíto da provincia dedicado a estas artes. No seu marco, púxose á disposición dos concellos pontevedreses de menos de 20.000 habitantes un catálogo con obras de case 300 compañías galegas.´

O dereito á vivenda bota a rúa ao estudantado galego

O folga do estudantado galego convocada pola organización Erguer tivo o seu eco na cidade de Pontevedra. Ao mediodía e baixo a chuvia, un grupo de mozos e mozas concentrábase para reclamar o seu dereito á vivenda. Aseguran que a situación é insostible. Segundo os convocantes, nos centros públicos pontevedreses o seguimento da folga roldou o 80%.

O PSdeG reclama á Xunta que inclúa a dragaxe do Lérez nos orzamentos para...

O PSdeG reclama en Pontevedra que a Xunta execute a comprometida dragaxe do río Lérez. Nunha visita á cidade, José Ramón Gómez Besteiro asegurou que vixiará dende o Parlamento o cumprimento do que cualificou como unha débeda histórica con Pontevedra. O secretario xeral dos socialistas galegos apuntou que a actuación desapareceu dos orzamentos autonómicos dende o 2022, e reclamou que se inclúa unha partida nas contas do 2025.

O ‘coche de punto’ arrancará o seu servizo en Pontevedra o vindeiro 7 de...

O coche de punto comezará a funcionar, por fin, en Pontevedra. A partires do vindeiro luns 7 de outubro a veciñanza das zonas rurais do municipio poderá empregar este servizo para desprazarse ata o casco urbano. Os interesados en empregalo, poderán inscribirse xa a partires deste venres, día 4.

Pontevedra preséntase en San Sebastián como a flamante sede dos Premios Feroz

Esta fin de semana Pontevedra presentouse como sede dos Premios Feroz 2025 e 2026 no día grande do Festival Internacional de Cine de San Sebastián. Unha delegación pontevedresa, encabezada polo alcalde, viaxou ata o País Vasco para a posta de longo deste novo idilio entre a cidade e os galardóns audiovisuais. No marco do acto tamén se deu a coñecer o nome do actor que se encargará de dirixir a primeira gala pontevedresa, La Dani.

Nova vida para o Club Naval de Pontevedra coa vista posta en ‘revitalizar o...

Nova vida para o Club Naval de Pontevedra. A partires desta fin de semana as súas instalacións acollerán unha nova discoteca na cidade: Sala Zennet. O proxecto nace da iniciativa de dous empresarios hostaleiros pontevedreses, Carlos Fontán e Javier Mori. Unha aposta que conta cun cadro de persoal de 40 traballadores.

REDES SOCIAIS

40,766FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete