A reforma do CEIP Daría González, exemplo de cooperación entre Goberno central, Xunta e...

Deputación, Xunta e Goberno de España visitaron hoxe o resultado das obras levadas a cabo no CEIP Daría González, na cidade infantil Príncipe Filipe de Pontevedra. O centro foi reformado no seu conxunto, grazas a unha achega do executivo central de 1,7 millóns de euros. As tres administracións aproveitaron o acto para salienta-la importancia da cooperación entre elas para facer realidade un proxecto como este.

As familias do colexio da Xunqueira piden que se cumpran as ratios

As familias do colexios A Xunqueira 1, en Pontevedra, pídenlle á Xunta que se cumpran as ratios. Concentráronse ás portas do centro demandando a Educación que reforce o profesorado.

Ence inviste 10 millóns de euros durante a súa parada técnica anual

A fábrica de Ence en Pontevedra está inmersa de cheo xa na súa parada técnica anual. Vaise prolongar ata o vindeiro 27 deste mes de setembro.

O PSOE levará a pleno o ‘timo galaico’ de Sogama para reclamar que non...

O Partido Socialista, contra a suba do canon do lixo anunciada por Sogama. O grupo municipal de Pontevedra levará ao pleno de setembro unha moción para instar á Xunta que reverta o incremento das taxas. Segundo o anunciado, o canon pasará dos 66 euros por tonelada que se paga na actualidade aos 108 euros no 2025. Unha medida que, aseguran os socialistas, suporá un gran impacto nas arcas municipais e no recibo que pagan os veciños.

Pontevedra lanza unha mensaxe de tranquilidade e asegura que o abastecemento de auga está...

A activación da prealerta pola seca no río Lérez é unha medida tomada por prudencia. Así o explicou hoxe o presidente da Xunta de Galicia. Segundo Alfonso Rueda, os técnicos tomaron a decisión pensando no que podería suceder se setembro e outubro foran meses secos. Dende o concello, pola súa banda, afirman que o abastecemento está asegurado. Actualmente o encoro do Pontillón atópase ao 95% da súa capacidade e o caudal do Lérez é semellante ao que levaba o río o ano pasado nestas datas.

Patrimonio dá luz verde ao proxecto básico de rehabilitación de Santa Clara

O proxecto básico de rehabilitación de Santa Clara xa ten o visto bo de Patrimonio. A proposta do estudo de arquitectura Nieto Sobejano recibiu luz verde do departamento da Xunta, incorporando as modificacións solicitadas polo goberno do Partido Popular na Deputación de Pontevedra. Este avance supón un importante paso que se suma a outro dado polo executivo provincial, que xa solicitou ao concello a licenza de obra a finais do mes de xullo.

Portos de Galicia agarda o visto bo de Transición Ecolóxica para desbloquear a dragaxe...

Portos de Galicia agarda o visto bo do Ministerio para a Transición Ecolóxica para desbloquear a dragaxe do río Lérez. O ente autonómico enviou ao Goberno central as súas propostas sobre posibles localizacións para a vertedura dos áridos que resultarían da operación. A do Lérez non é a única pero si a máis ambiciosa das dragaxes que están pendentes en Galicia.

Trinta patrullas das Forzas Armadas vixiarán os montes no marco da Operación Centinela Gallego

As Forzas Armadas volverán colaborar na vixilancia dos montes galegos durante o verán. O vindeiro 15 de agosto comeza a Operación Centinela Galego, que suporá o despregamento de 30 patrullas e medio aéreos militares para contribuír á prevención dos lumes forestais. Aínda que o tempo podería ampliarse de ser necesario, nun principio estarán nos montes ata o 30 de setembro.

ENCE abre en setembro a convocatoria do seu novo Plan Social

ENCE abre a convocatoria dunha nova edición do seu Plan Social. Os proxectos poderán presentarse entre o 2 de setembro e o 1 de outubro, e deberán desenvolverse no ámbito territorial de Pontevedra, Marín e Poio. Para estas achegas, a empresa destina un total de 3 millóns de euros por edición.

A Deputación de Pontevedra leva a súa estratexia de Turismo aos 61 concellos da...

A Deputación de Pontevedra estrea nova folla de ruta para a súa aposta polo turismo. Chámase Estratexia Rías Baixas Turismo 61 e busca desenvolver un sector sustentable e respectuoso en todos os concellos da provincia. Hoxe presentouse no Palacete das Mendoza.

REDES SOCIAIS

40,766FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete