Costas retoma o paseo a Marín: propón ‘desprazar’ a autovía cara o interior para...

Costas dá os primeiros pasos para reactivar a seguinte fase do paseo a Marín. O ente estatal pon sobre a mesa dúas opcións para continuar a infraestrutura. A primeira, a súa favorita, pasaría por desprazar a actual autovía cara o interior e aproveitar o espazo próximo á auga para habilitar o paseo. A segunda, optaría por reducir a estrada e pivotar na ría só unha parte do trazado.

O PP busca o apoio da corporación para reclamar a gratuidade da AP-9 entre...

O Partido Popular de Pontevedra volve reclamar a gratuidade do treito da AP9 que une o municipio pontevedrés con Curro, no concello de Barro. A formación recolle esta proposta nunha moción que levará ao pleno do vindeiro luns. Segundo Rafa Domínguez, a eliminación das peaxes neste punto melloraría a competitividade do polígono de Barro, facilitaría a conectividade entre Pontevedra e O Salnés e faría menos necesaria a Variante de Alba.

A Festa da Lingua enche Pontevedra de actividades polo Día das Letras Galegas

Pontevedra celebrará o Día das Letras Galegas cunha Festa da Lingua. Os días 17 e 18 de maio o Centro Social A Pedreira, en colaboración con concello, ten preparadas numerosas actividades para reivindicar o compromiso coa transmisión e coidado da lingua. Este ano poñen especial atención nas novas xeracións, con propostas dirixidas para todos os públicos.

A Misión Biolóxica lanza ‘Verdura Atlántica’, unha marca de ‘brásicas’ máis saudables e resistentes

‘Verdura Atlántica’ é o selo creado pola Misión Biolóxica de Galicia para poñer en valor as brásicas. Que son as brásicas? A especie á que pertencen verduras ás que estamos tan afeitos como o grelo, a verza, o repolo ou o nabicol. Dende hai anos os seus investigadores traballan na obtención de variedades máis saudables, máis resistentes ás pragas, e mellor adaptadas a climas cálidos e secos. Hoxe presentaron nun showcooking os primeiros resultados do seu traballo.

A APDR alega contra a modificación de ENCE: ‘É unha ampliación da fábrica...

A Asociación pola Defensa da Ría presenta alegacións ao proxecto sectorial de incidencia supramunicipal de ENCE. O colectivo entende que a intención da pasteira é ampliar a fábrica, o que provocará máis contaminación, máis consumo de auga e un maior impacto paisaxístico.

A AECC recada fondos coa vista posta na investigación para acadar o 70% de...

A Asociación Española Contra o Cancro botouse hoxe á rúa para recadar fondos para a investigación sobre esta enfermidade. Voluntariado, usuarios e persoal sumáronse á tradicional campaña de recadación para axudar á entidade a acadar o seu obxectivo: superar o 70% de supervivencia e seguir prestando apoio e servizo ás persoas con cancro e ás súas familias.

Homenaxe os bombeiros recoñecidos coa Medalla ao Mérito polo operativo no accidente de autobús...

Homenaxe aos bombeiros pontevedreses recoñecidos coa Medalla ao Mérito de Protección Civil de Galicia. Son os cinco que participaron no rescate das vítimas do accidente do autobús en Pedre, no concello de Cotobade, na Noiteboa de 2022. Hoxe foron homenaxeados no parque polos seus compañeiros, pola xunta de persoal e por representantes do Partido Popular e do Partido Socialista.

Pontevedra será a casa dos Premios Feroz nos anos 2025 e 2026

Pontevedra acollerá os Premios Feroz no 2025 e no 2026. Máis dun milleiro de persoas acudirán a esta importante cita para o audiovisual español, atraendo á cidade as facianas máis relevantes do panorama televisivo e cinematográfico. Xa hai data para a gala do 2025. A alfombra vermella despregarase no Recinto Feiral o 25 de xaneiro.

Oito dos doce falecidos nas estradas de Pontevedra neste 2024 eran ‘usuarios vulnerables’

O 2024 non está a ser un bo ano nas estradas da provincia de Pontevedra. Dende a Subdelegación sinalan que se está a rexistrar unha repunta da mortaldade: doce persoas perderon a vida nestes primeiros cinco meses. Deles, 8, un 66%, eran usuarios vulnerables. Precisamente a eles vai dirixida a nova campaña posta en marcha pola DXT na estradas convencionais de Galicia.

Pontevedra ofrecerá á Xunta sete parcelas para a construción de vivenda pública

O concello de Pontevedra ofrecerá á Xunta de Galicia sete parcelas en diferentes puntos da cidade para que valore a construción de vivenda pública. Os terreos suman un total de 16.000 metros cadrados que, segundo os cálculos do goberno local, poderían acoller ao redor de 170 novas vivendas. Unha medida que podería contribuír a conter os prezos do mercado na cidade.

REDES SOCIAIS

40,766FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete