Pilar Nos, experta en enfermidades inflamatorias intestinais: ‘Os últimos fármacos cambiaron radicalmente o xeito...
Nova xornada do ciclo “Pontevedra, quen pasa? Seis expertos en saúde, seis meses”. Desta volta, a iniciativa organizada polo servizo de Aparello Dixestivo da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés a través do grupo de investigación Idara trouxo ata a cidade a Pilar Nos, xefa do servizo de Medicina Dixestiva do Hospital La Fe de Valencia e unha das maiores expertas españolas en enfermidade de Crohn e colite ulcerosa. Nos defendeu a importancia do diagnóstico precoz.
O Areeiro estrea anfiteatro cunha degustación do té da súa marca polo Día Internacional...
A Finca Areeiro, en Pontevedra, estrea anfiteatro. A Deputación de Pontevedra inaugurou hoxe este espazo, pensado para achegar ao público a realidade do sector primario e o labor de innovación que realiza a Estación Fitopatolóxica. Esta estrea fíxose coincidir coa posta en valor da marca Té Areeiro, producida nesta estación, co gallo do Día Internacional do Té.
Os pontevedreses porán a proba o mobiliario urbano do proxecto AMBIANCE, fabricado con bioplásticos
Pontevedra é a cidade escollida para validar no espazo público o proxecto europeo AMBIANCE. Na Praza de Barcelos están instaladas varias pezas de mobiliario urbano de gran tamaño, elaboradas con biomateriais e fabricadas mediante impresión 3D. Durante seis meses, a instalación permitirá avaliar a resistencia destes novos materiais. O proxecto foi desenvolvido pola empresa local Setga, o Centro Tecnolóxico AIMEN e un consorcio formado por dez entidades de ata seis países europeos.
A Deputación lanza Espazo Depo, un novo plan para axudar aos concellos a cofinanciar...
Espazo Depo é o novo plan de cooperación cos concellos posto en marcha pola Deputación de Pontevedra. Trátase dunha inxección extraordinaria de 20 millóns de euros para que 18 municipios pontevedreses executen proxectos considerados estratéxicos. Esta liña de axudas cubrirá o 20% da achega que os concellos teñen que aportar no financiamento de proxectos municipais que acadaron fondos europeos Feder ou Edil.
O pleno de Pontevedra aproba esixir diálogo para reformular o PIA de San Amaro
O pleno do concello de Pontevedra aproba esixir compensacións xustas e diálogo cos afectados polo PIA de San Amaro. Os votos a favor de PSOE e Partido Popular sacaron adiante unha moción dos socialistas. Defenden que este é o momento de dialogar cos veciños e que non suporía retrasar o proxecto. O BNG optou pola abstención porque consideran que con isto se paraliza a construción de vivenda pública en Pontevedra.
Os afectados polo PIA de San Amaro séntense ‘desamparados’ polo concello e pola Xunta
Medio cento de veciños afectados por este PIA de San Amaro asistiron hoxe ao pleno de Pontevedra. Antes da sesión criticaron a xestión realizada do proxecto. Denuncian a falta de comunicación previa e preocúpalles especialmente a pinza de prezos que se fixa no Diario Oficial de Galicia, con compensacións de entre 2 e 10 euros por metro cadrado. A conselleira de Vivenda, María Martínez, reunirase con eles este venres 22 de maio.
A ciencia achégase ao público xeral: desembarca en Pontevedra o festival ‘Pint of Science’
O festival de ciencia Pint of Science desembarca mañá e pasado en Pontevedra. Farao, ademais, ao mesmo tempo que noutros 27 países de todo o mundo e co seu característico formato, celebrando os encontros entre divulgadores e público en bares da cidade. Nesta primeira edición pontevedresa será a taberna Nasa a que acolla as catro charlas científicas que contempla a programación. Todas as sesións son de acceso libre e gratuíto.
O concello quere recuperar a unanimidade na corporación para non frear o PIA de...
O goberno local de Pontevedra quere recuperar a unanimidade da corporación ao redor do PIA de San Amaro. Hoxe o edil de urbanismo anunciou que o BNG presentará unha emenda á moción do PSOE, que pide que se reformule o proxecto e que conta co apoio do PP. Coa súa proposta, os nacionalistas queren evitar atrancos no desenvolvemento deste proxecto, que ven clave para a cidade. Nela tamén piden compensacións xustas para os veciños que se vexan afectados polas expropiacións.
O falso teito do Teatro Principal reconstruirase por completo con madeira en lugar de...
A intervención no Teatro Principal de Pontevedra será maior da inicialmente prevista. Tras examinar o estado da construción, o concello reconstruirá por completo todo o teito do patio de butacas, incluíndo estruturas ocultas, reflectores de son e iluminación. Ademais, empregarase madeira en lugar de escaiola. Esta actuación suporá un incremento no orzamento, aínda sen pechar. Polo de momento, mantense a previsión de reabrir o teatro en outubro.
A renaturalización do Gafos arranca o luns con traballos na zona de Alcalde Hevia
Luns 18 de maio. É a data na que comezarán as obras de renaturalización e destape do río dos Gafos. Resoltos os trámites administrativos que estaban pendentes, as empresas que se encargarán dos traballos xa aprobaron o calendario das obras. De cumprirse, a ambiciosa intervención no Gafos estará rematada en maio do ano que vén. Está previsto que as obras comecen por Alcalde Hevia, a zona máis próxima á escola infantil.

















