‘Cando paras, movémonos contra o cancro’: o lema da AECC para mobilizar á cidadanía...
A Asociación Española Contra o Cancro celebrou hoxe en Pontevedra o Día da Cuestación. Unha xornada dedicada a concienciar sobre a enfermidade, a mobilizar á cidadanía e a recadar fondos para contribuír a manter os servizos que a entidade ofrece a doentes e ás súas familias. Tamén para apoiar á investigación cun obxectivo claro: acadar o 70% de supervivencia nesta enfermidade no 2030
A Deputación de Pontevedra dá a coñecer as posibilidades que a Unión Europea ofrece...
A Deputación de Pontevedra celebrou hoxe a xornada ‘Recursos da Unión Europea para a Xuventude’. Unha iniciativa coa que buscan dar a coñecer as posibilidades de formación, emprego ou mobilidade que ofrece Europa para a mocidade. Á cita asistiron preto de setenta profesionais do ensino, técnicos municipais e membros do tecido asociativo xuvenil da provincia.
‘E ademais, debuxan’: a Guerra Civil a través da ollada da cativada refuxiada
O horror da guerra a través dos ollos da cativada. É a proposta de ‘E ademais, debuxan’, a mostra que dende hoxe xa se pode ver na Casa das Campás de Pontevedra. Nela reúnense 48 debuxos de nenos e nenas durante a Guerra Civil Española. Poderá visitarse ata o 5 de xuño.
A Deputación de Pontevedra volve colaborar con Mar para que alumnos do IGAFA realicen...
Deputación de Pontevedra e Consellería do Mar renovan o seu convenio de colaboración para que o alumnado do IGAFA poida desenvolver prácticas no estranxeiro. A iniciativa conta cun orzamento de 15.000 euros e na anterior convocatoria permitiu sufragar a formación noutros países de 12 alumnos deste centro da Illa de Arousa.
A Policía Nacional conclúe que a morte do rapaz de 18 anos rescatado do...
A morte do rapaz de 18 anos que foi rescatado o martes do río Gafos en Pontevedra foi accidental. Así o confirman as investigacións da Policía Nacional, despois de ter acceso ás cámaras de videovixilancia da contorna. En canto á causa do falecemento, a autopsia apuntou que foi por afogamento.
A Policía Nacional investiga todas as hipóteses na morte do mozo rescatado onte no...
Mantéñense abertas todas as hipóteses en relación co tráxico suceso rexistrado onte en Pontevedra. Pouco antes das 9 da noite un mozo de 18 anos faleceu despois de ser rescatado do río Gafos, á altura da ponte da rúa Rosalía de Castro, con feridas de gravidade. Polo de momento, non hai ningunha persoa detida por estes feitos. A Policía Nacional mantén varias liñas de investigación.
300 persoas xa empregaron o autobús gratuíto do Conecta Rural nos seus primeiros quince...
300 persoas xa utilizaron o transporte gratuíto da Liña Conecta Rural nos seus primeiros quince días de funcionamento. Hoxe o propio presidente da Deputación de Pontevedra comprobou a aceptación desta liña, viaxando no autobús dende Portas ata a capital pontevedresa. Luis López destacou a importancia da iniciativa, que facilita aos veciños de Moraña, Portas e O Campo Lameiro o acceso a servizos como o Hospital Montecelo ou o campus universitario.
Pontevedra impuxo 16 denuncias no 2026 por ‘casos flagrantes’ de non separación de...
Pontevedra impuxo 16 denuncias no que levamos de 2026 pola non separación de residuos. Son as primeiras que se rexistran na cidade por este incumprimento. Dende o goberno local explican que se dirixiron aos casos máis flagrantes. De feito, considéranse graves polo que a multa económica que levan aparellada oscila entre os 751 e os 1.500 euros. En canto aos sancionados, hai dende restaurantes e empresas de construción a centros médicos e veterinarios, e mesmo un particular.
O Estado reclama á Xunta novos informes para avanzar no proxecto de dragaxe do...
Retrasos no calendario previsto para a dragaxe do río Lérez, en Pontevedra. A necesidade de incorporar novos estudos que foron solicitados polo Estado durante a fase de alegacións retrasará entre dous e tres meses a tramitación ambiental do proxecto. Así as cousas, a Conselleira do Mar reafirmou hoxe o compromiso da Xunta con este proxecto e acusou ao Goberno do Estado de poñer trabas a este proxecto. Marta Villaverde insistiu en que a dragaxe se executará no ano 2027.
Pontevedra estreará un novo parque canino de máis de 2.000 metros cadrados despois do...
Colaboración entre a Xunta de Galicia e o concello de Pontevedra para construír un novo parque canino na cidade. Estará situado nunha parcela de 2.500 metros cadrados cedida polo goberno local no barrio da Parda, na zona de Conde de Bugallal. Agora será o goberno autonómico quen se encargue da súa construción, cunha achega de 100.000 euros. A intención é que estea rematado despois do verán.
















