Lúa Mosquetera, The Rapants, 9Louro e Nadie González estarán en maio no Mercado de...

O primeiro andar do Mercado de Abastos de Pontevedra volverá ser o escenario dun ciclo de conversas ben interesante. Durante o mes de maio, a poeta Lúa Mosquetera, a banda The Rapants e os músicos 9Louro e Nadie González participarán desta iniciativa que procura achegar o proceso creativo ao público. Conversas no primeiro andar celebrarase os días 16, 21 e 23 de maio.

María Pellisé, experta en cancro de colon: ‘0 40% dos que se detectan nos...

‘A túa vida, os teus hábitos, a túa decisión: como previr o cancro de colon’ é o título da charla que hoxe impartiu a doutora María Pellisé en Pontevedra. Pellisé é experta internacional en cancro colorrectal, o tumor máis diagnosticado en España pero tamén un dos que ten mellor prognóstico detectado en estadios iniciais. Nunha cita aberta á cidadanía, dentro do ciclo ‘Pontevedra, quen pasa? 6 expertos en saúde, 6 meses’ organizado polo Complexo Hospitalario de Pontevedra, esta experta falou prevención e da importancia dos cribados para diagnosticar esta enfermidade canto antes.

Planificación e gafas homologadas: dúas claves para gozar con seguridade da eclipse do 12...

Representantes do sector turístico de Pontevedra participaron dunha sesión práctica de observación solar. Da man dos expertos da Fundación CEO recibiron toda a información necesaria para poder observar a eclipse solar con total seguridade. Importante para gozar plenamente dun evento histórico.

Pontevedra estuda mudar a escaiola do falso teito do Teatro por madeira

Xa están en marcha as obras de emerxencia contratadas polo concello de Pontevedra para arranxar o falso teito do Teatro Principal. A intervención deu os primeiros pasos. Foi preciso retirar todas as butacas para, nos vindeiros días, instalar as estadas necesarias para traballar na escaiola do teito. Hoxe o alcalde visitou estes primeiros avances e aclarou que se está a estudar a posibilidade de substituír esta escaiola por madeira.

As traballadoras do comercio téxtil pontevedrés volven á rúa na segunda xornada de folga...

Segunda xornada de folga no comercio téxtil e de calzado pontevedrés. As traballadoras secundaron a convocatoria realizada pola CIG e UXT para continuar reclamando que Galicia quede fóra do convenio estatal ARTE que se está a negociar en Madrid. Din que empeora considerablemente as condicións que se recollen no convenio provincial, que xa está asinado á espera de seren publicada para a súa entrada en vigor.

A folga das traballadoras do téxtil en defensa do convenio provincial pecha varias tendas...

Xornada de folga no comercio téxtil e de calzado da provincia de Pontevedra. Os seus traballadores estaban chamados pola CIG a parar hoxe para reclamar que se manteña o convenio provincial. Preténdese substituír por un novo, coñecido como ARTE, que se está a negociar en Madrid coas grandes cadeas. Un cambio que suporía perda de dereitos para as traballadoras. Ademais de concentracións en diferentes vilas da provincia, conseguindo o peche intermitente ou total de moitos destes establecementos, as dependentas manifestáronse en Pontevedra.

A antiga lonxa do Mercado terá unha nova vida: acollerá un obradoiro para transformar...

Nova iniciativa do Concello de Pontevedra para dinamizar o mercado de abastos. O goberno local traballa para habilitar un novo servizo: un espazo no que os usuarios poidan transformar produto local, pensado tanto para pequenos produtores ou pequenas empresas agroalimentarias. Estará situado no antigo espazo da lonxa e contará co equipamento necesario para elaborar, por exemplo, marmeladas ou conservas. O primeiro paso será a realización dunha asistencia técnico para avaliar as súas necesidades. Sairá a licitación a vindeira semana por un importe de 17.500 euros.

Unha inspección técnica específica analiza o estado das pasarelas de madeira da Illa do...

Unha inspección técnica aclarará o estado e, polo tanto, o futuro das pasarelas peonís de madeira da Illa do Covo, en Pontevedra. O concello avanza nestes traballos que determinarán os métodos de reparación destas estruturas, que permanecen pechadas ao paso dende a Semana Santa por motivos de seguridade. Polo de momento non hai data para a súa reapertura aínda que o concello intentará acurtar os prazos ao máximo.

O xornalista José Precedo recollerá en Pontevedra o Premio Xornalistas de Liberdade de Prensa

Pontevedra acollerá o acto de entrega do Premio Xornalistas de Liberdade de Prensa, que outorga o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia. Este ano o galardoado é o galego José Precedo, de elDiario.es, que visitará a cidade o vindeiro 9 de maio para recoller o recoñecemento. O acto será na Casa Consistorial.

O Subdelegado do Goberno fai un chamamento ao PP sobre a delincuencia: ‘Xa está...

Pontevedra é unha cidade segura. É a conclusión á que se chegou hoxe na Xunta Local de Seguridade. A Subdelegación do Goberno constatou que, excluíndo os ciberdelitos, dende o 2019 a criminalidade baixou nun 6%, pasando dos 2.515 delitos aos 2.353 que se rexistraron o ano pasado. Uns datos que segundo apuntaron tanto dende o goberno local como dende a Subdelegación, desmenten os discursos do Partido Popular que, cren, só buscan asustar á cidadanía.

REDES SOCIAIS

40,766FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete