A saúde mental centrará o concurso de relatos ‘Ecos da Mente’ convocado pola Creba

Co gallo da celebración do Día da Saúde Mental, a asociación A Creba organiza un concurso de relatos breves en colaboración co concello de Ribeira. Haberá diversas categorías para mozos e adultos que deberán abordar a temática da saúde mental dende diferentes puntos de vista.

A Pobra oferta este curso unha vintena de escolas deportivas para nenos e adultos

Unha vintena de disciplinas integran as escolas deportivas da Pobra para este inverno. Remo, artes marciais, atletismo, xadrez e todo tipo de deportes para nenos e adultos conforman a programación deportiva para o presente curso.

O BNG leva ó Parlamento a problemática situación pola que atravesa a flota do...

BARBANZA> A través dunha pregunta por vía de urxencia ó conselleiro do Mar, o BNG levará mañá ó Parlamento a crítica situación pola que...

O PP pide ó goberno central medidas para apoiar ó sector da pesca e...

O Partido Popular de Galicia pide ó goberno central un maior apoio ó sector pesqueiro, Así o manifestaron o responsable autonómico de Mar, Alfonso Villares, e a vicesecretaria de desenvolvemento sostible do PP, Paloma Martín, nunha visita ó Centro Tecnolóxico de Jealsa en Boiro

A Deputación amplía o PEL Autónomos cunha nova liña de axudas

A Deputación da Coruña vén de convocar a liña de axudas para autónomos con máis de 5 anos de actividade e residencia fiscal en municipios de menos de dez mil habitantes. Complementa así o PEL-Autónomos que este ano xa beneficiou a máis de mil profesionais que levan menos de cinco anos en activo.

O BNG pide responsabilidade a Rueda para aceptar a condonación da débeda a Galicia

A voceira nacional do BNG desprazouse esta mañá ata Rianxo que celebra hoxe un dos días máis emblemáticos das festas da Guadalupe co  seu feirón  mariñeiro. Alí, Ana Pontón instou ó presidente da Xunta a aceptar a condonación da débeda por parte do goberno central na reunión que manterá mañá con Pedro Sánchez.

Corrubedo dispón de dúas novas pistas de tenis nos Campos de Samil

O concello de Ribeira avanza na mellora das infraestruturas deportivas con dúas novas pistas de tenis en Saamil, na parroquia de Corrubedo. O proxecto supuxo un investimento de máis de cen mil euros.

Unha marea solidaria tinguirá Boiro de vermello para combater a leucemia

Unha marea Vermella invadirá Boiro o último domingo de setembro coa cuarta edición da Andaina Solidaria organizada por JEALSA. O obxectivo este ano será recadar fondos para a Fundación STOP Leucemia que permitan avanzar na investigación do cancro hematolóxico.

500 corredores daranse cita na Carreira Popular Santa Uxía que celebra o seu 25...

Xa están abertas as inscricións para participar na carreira popular Santa Uxía que se celebrará o sábado 28 en Ribeira. A organización agarda superar os 500 participantes neta 25 edición que será ademais un memorial en lembranza de Manuel Ruíz.

O PSOE de Rianxo saca adiante o proxecto para darlle un uso social ó...

Aprobada por unanimidade unha proposta do PSOE de Rianxo para a creación dun espazo social nas antigas vivendas dos mestres. O proxecto, suporá un investimento de preto de 300 mil euros con cargo ó POS adicional.

REDES SOCIAIS

40,774FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete