Corrubedo dispón de dúas novas pistas de tenis nos Campos de Samil

O concello de Ribeira avanza na mellora das infraestruturas deportivas con dúas novas pistas de tenis en Saamil, na parroquia de Corrubedo. O proxecto supuxo un investimento de máis de cen mil euros.

Unha marea solidaria tinguirá Boiro de vermello para combater a leucemia

Unha marea Vermella invadirá Boiro o último domingo de setembro coa cuarta edición da Andaina Solidaria organizada por JEALSA. O obxectivo este ano será recadar fondos para a Fundación STOP Leucemia que permitan avanzar na investigación do cancro hematolóxico.

500 corredores daranse cita na Carreira Popular Santa Uxía que celebra o seu 25...

Xa están abertas as inscricións para participar na carreira popular Santa Uxía que se celebrará o sábado 28 en Ribeira. A organización agarda superar os 500 participantes neta 25 edición que será ademais un memorial en lembranza de Manuel Ruíz.

O PSOE de Rianxo saca adiante o proxecto para darlle un uso social ó...

Aprobada por unanimidade unha proposta do PSOE de Rianxo para a creación dun espazo social nas antigas vivendas dos mestres. O proxecto, suporá un investimento de preto de 300 mil euros con cargo ó POS adicional.

A Deputación da Coruña formará a máis de 200 persoas en empregos con alta...

A Deputación da Coruña vén de recibir unha subvención de máis dun millón de euros para poñer en marcha o programa PEL Activa. Permitirá formar a máis de 200 persoas para empregos con alta demanda no rural.

Nova protesta no hospital do Barbanza para denunciar a ausencia dun radiólogo de garda

Traballadores do hospital do Barbanza concentráronse esta mañá ás portas do centro para denunciar a falla de persoal. Por terceira vez, non disporán dun radiólogo de garda nas quendas de tarde e de noite, cos consecuentes prexuízos para os pacientes e os traballadores.

A devoción polo Nazareno congregou na Pobra a milleiros de persoas

Como cada ano, a procesión do Nazareno atrae ata  A Pobra  a miles de fieis. Numerosos ofrecidos e catro ataúdes acompañaron ó Santo no seu percorrido pola vila que se prolongou ata mediodía.

Rianxo segue inmersa nas celebracións na honra da Guadalupe

Rianxo segue inmersa nas Festas da Guadalupe. Hoxe os actos centrábanse na praza de Castelao onde se desenvolveron os xogos das Juadalupeñas. Aínda que o día grande foi onte domingo, cando a Moreniña percorreu a ría na tradicional procesión marítima.

Arqueoloxía, historia, onomástica e literatura centran a sétima edición das xornadas ‘A Pobra no...

O concello da Pobra volverá poñer en valor o seu patrimonio cultural coa sétima edición de A Pobra no tempo. As xornadas desenvolveranse o 28 e o 29 de setembro e versará sobre arqueoloxía, historia, onomástica e literatura.

A empresa Skidata instalará a nova maquinaria do aparcadoiro do Centenario

O concello de Ribeira vén de adxudicar a renovación da maquinaria do aparcadoiro do Centenario á empresa Skidata Ibérica S.L. Implantará un novo sistema de xestión para o pago automático e a xestión integral a través dunha unidade de control.

REDES SOCIAIS

40,774FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete