Máis de 40 embarcacións participarán este sábado na XXIII Regata Frinsa
Unhas corenta embarcacións participarán este sábado no vixésimo terceira Regata Frinsa. Consistirá nun percorrido polo interior da ría no que dous catamaráns acompañarán ós regatistas para que o público poida disfrutar da regata.
A actriz Susana Sampedro, profeta na súa terra
O concello de Ribeira brindou unha recepción á actriz Susana Sampedro. A intérprete ribeirense vén de gañar o Mestre Mateo como mellor actriz de reparto polo seu papel de Carme na longamentraxe Matria.
Augas de Galicia executa traballos de limpeza e conservación no río de Artes
A Conselleira de Medio Ambiente desprazouse esta mañá ata Ribeira para supervisar os traballos de mantemento que está a executar Augas de Galicia no río Arlés. Ademais da retirada de árbores caídas nas canle fluvial os operarios traballan na limpeza das marxes e eliminación de especies invasoras.
A mesa local contra a violencia de xénero analiza o incremento de casos en...
Ribeira celebraba esta mañá a reunión da Mesa Local de Coordinación Institucional contra a Violencia de Xénero. Ademais de responsables de distintos departamentos municipais e dos corpos de seguridade, participou no encontro o Director Xeral de Loita contra a Violencia de Xénero da Xunta de Galicia.
Os orzamentos de Rianxo, aprobados automaticamente un mes despois de que o pleno rexeitara...
Transcorrido o prazo dun mes trala cuestión de confianza plantexada polo goberno rianxeiro sen que a oposición impulsase unha moción de censura, os orzamentos quedan aprobados inicialmente. Dende o executivo agardan comezar a traballar con normalidade superando a situación de bloqueo que supoñía seguir coas contas prorrogadas.
As mulleres do téxtil serán as pregoeiras das Festas do Verán de Boiro
BOIRO> A concelleira de Cultura, María Outeiral, xunto co alcalde, Xosé Ramón Romero, foron os encargados de debullar todo o programa das Festas do...
Un total de 23 socorristas velarán pola seguridade dos bañistas este verán en Ribeira
RIBEIRA> Dende hoxe xa está activo o servizo de salvamento e socorrismo nas praias de Ribeira para garantir a seguridade e o benestar dos...
O goberno de Boiro aproba en solitario a súa proposta de orzamentos
O executivo boirense sacou adiante a súa proposta de orzamentos no pleno da pasada tarde. Fíxoo cos votos a favor do grupo de goberno, a abstención do BNG e o rexeitamento de PP e Boiro Novo.
Folclore galego e canario fusionaranse na sétima edición do festival Tahume
Ribeira acollerá o sábado 29 a sétima edición do Festival ‘Tahume entre Folclores’. Ademais da agrupación de música e baile tradicional que dá nome ó evento, actuarán ‘Os xeitosos de Trazo’ e a asociación cultural O Farallón de Tábata de Galdar.
Boiro activa a súa ordenanza de circulación
BOIRO> Despois da súa aprobación en pleno a finais do pasado ano, entra en vigor a nova ordenanza de circulación, coa que o equipo...


















