Os 1000 euros da campaña do Día de Pai de Ribeira xa teñen gañadora

A Asociación de Empresarios de Ribeira entregou esta mañá o premio á ganadora da campaña do Día do Pai. Anuska Enríquez recolleu o cheque de mil euros para gastar nun só día no comercio local. Estivo acompañada por Uxía Núñez, da cafetería Odelas, quen repartiu o boleto gañador.

Galiza Nova oponse á instalación do monolito do Centenario

Galiza Nova realizou esta mañá un acto simbólico de protesta no monolito da praza do Centenario de Ribeira. Denuncian con esta acción o branqueamento da monarquía, unha institución de cualifican de anacrónica e antidemocrática.

A Pobra convida a descubrir o seu patrimonio histórico e natural

A POBRA> A Pobra ofrece esta Semana Santa unha alternativa de ocio para os visitantes. As actividades relixiosas complementaranse cunha oferta de turismo mariñeiro,...

A flota considera insuficientes as axudas ó combustible

A flota galega analiza as axudas ó combustible aprobadas polo goberno central. Consideran escasa a subvención de 20 céntimos por litro tendo en conta que o prezo do carburante xa se ten duplicado

O BNG de Ribeira propón unha partida de 5.000 euros para campañas de castración...

O BNG de Ribeira demanda ó goberno que habilite unha partida para castración de colonias felinas. Neste sentido, demandan que lle dean continuidade ó traballo desenvolvido durante o seu mandato na área de Benestar Animal.

A asociación ÁGAPE organiza en Ribeira o seu I Mercado Solidario

A asociación Ágape organiza este sábado en Ribeira o seu mercado solidario. Instalarase no Malecón en horario de mañá e ofrecerá produtos artesanais do máis variado, perfectos para agasallar nesta Pascua.

Mar trasdala ás confrarías as axudas para rexenerar os bancos por valor de 23...

A conselleira do Mar mantivo esta mañá unha xuntanza con representantes das confrarías para explicar as medidas de rexeneración dos bancos marisqueiros. O consello da Xunta aprobou un paquete de axudas por valor de preto de 23 millóns que permitirán compensar ós mariscadores que traballen na recuperación das zonas improdutivas.

Ribeira conmemora o 120 aniversario do título de cidade

Ribeira conmemorou o 120 aniversario do título de cidade cun solemne acto no que se rendeu homenaxe ó seu cronista oficial, Xosé María Fernández Pazos. Procedeuse tamén á recuperación do monolito da praza do Centenario que fora retirado temporalmente por mor das obras acometidas neste espazo.

A ANPA do CEIP O Grupo trasladaralle as súas demandas ó novo director territorial...

A ANPA Santa Uxía do CEIP O Grupo de Ribeira vén de remitir un escrito ó recentemente nomeado director territorial de Educación. Pídenlle a Santiago Freire que teña en conta as demandas de melloras no centro que xa lle foron transmitidas ó seu antecesor pero quedaron sen resposta.

A Pobra promove o envellecemento activo dos seus maiores

O concello da Pobra volve poñer en marcha unha nova edición do programa de Envellecemento Activo. Componse de musicoterapia e talleres de memoria impartidos pola Cruz Vermella no centro sociocomunitario.

REDES SOCIAIS

40,766FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete