Retirados os restos dos vehículos que afeaban o sendeiro de acceso a San Roque

A Dirección Xeral de Xustiza procedeu estes días, a solicitude do concello de Ribeira, á retirada dos vehículos abandonados situados na contorna do Xulgado. Culmina así un expediente iniciado no ano 2023  permitindo a recuperación ambiental e paisaxística da entrada ó Parque Periurbano de San Roque.

‘Avogacía polo Cambio’ aspira a unha xestión máis eficaz e transparente do Colexio de...

‘Avogacía polo Cambio’ presentou en Ribeira a súa candidatura á directiva do Colexio de Avogados da Coruña. No seu programa destaca a creación dun estatuto xurídico da quenda de Oficio e a aprobación da pasarela dos mutualistas ó réxime de autonómos.

O concello da Pobra licita o proxecto para dotar de saneamento o lugar de...

O concello da Pobra vén de sacar a licitación o proxecto de saneamento do lugar de Ouxo en Posmarcos. A actuación suporá un investimento de máis de 120 mil euros e dará servizo á totalidade das vivendas deste núcleo de poboación.

Avanzan a bo ritmo as obras que transformarán a cultura en Boiro

Avanzan a bo ritmo as obras da casa da cultura de Boiro, un dos proxectos estratéxicos que suporá un importante avance do municipio a nivel cultural. O novo inmoble duplicará a superficie e permitirá acoller espectáculos de gran formato.

CIG-Saúde reclama medidas urxentes para rebaixar a saturación asistencial en primaria

O Barbanza sumouse ás mobilizacións en atención primaria convocadas pola CIG en toda Galicia para denunciar a saturación asistencial. A concentración tivo lugar diante do centro de saúde de Boiro que conta, na actualidade, con tres médicos menos dos que lle correspondan.

O pleno dá luz verde á compra da nave de Cerqueira

Xa é oficial. A nave da fábrica de Cerqueira pasará a ser propiedade do concello de Ribeira despois de que o pleno dera luz verde ó acordo para a operación de compra do inmoble por medio millón de euros.

A Pobra reivindica o legado de Rosalía nos actos do seu aniversario

A Pobra volveu conmemorar o Día de Rosalía cun emotivo acto no que participaron os escolares do municipio. Ademais da lectura de poemas e cantigas, celebrouse a tradicional ofrenda floral ante o busto da escritora.

Barbanza despide o entroido con grandes desfiles e enterros tradicionais

O entroido pequeno viviuse por todo o alto no Barbanza posto que moitos dos actos aprazados polo mal tempo celebráronse esta fin de semana. Os desfiles da Pobra e de Boiro, xunto co París Dakar de Noia centraron o programa de actividades que chegaron á súa fin cos tradicionais enterros como o do Felipiño en Escarabote.

O BNG esixe á Xunta a mellora integral da estación de autobuses da Pobra

O BNG demanda melloras no transporte do Barbanza, non só no referente ás liñas senón tamén ás infraestruturas. Refírense á estación de autobuses da Pobra, con instalacións pechadas e sen apenas mantemento.

Un erro na votación dunha moción sobre o SAF provoca que o PP de...

Polémica no pleno de Boiro tras un mal entendido na votación dunha emenda relativa ó Servizo de Axuda no Fogar. Os concelleiros do Partido Popular solicitaron corrixir o sentido do seu voto. Ante a negativa acabaron abandonando a sesión.

REDES SOCIAIS

40,766FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete