A praza de abastos da Pobra volve sortear entre os seus clientes o menú...
O concello da Pobra quenta motores para o Nadal coas numerosas campañas que porá en marcha nestas datas. Unha delas céntrase na praza de abastos que repartirá 2400 euros en dous sorteos para adquirir os menús da ceas de Noiteboa e Noitevella.
A Pobra activará locais baleiros para apoiar ó emprendemento
O concello da Pobra tamén anunciou a solcitude dunha axuda á Deputación da Coruña para impulsar, xa de cara ó vindeiro ano, o programa municipal de novas aperturas comerciais Premio EMPREDECO-Pobra. A proposta que parte da concellería de Promoción Económica que dirixe Amparo Cerecedo ten coma finalidade un dobre obxectivo, por unha banda activar os locais baleiros da localidade e por outra apoiar o novo emprendemento.
O concello da Pobra pide axuda á Xunta para a renovación da rede de...
O alcalde da Pobra solicita a colaboración da Xunta de Galicia para a mellora da rede municipal de abastecemento. O rexedor demanda ademais apoio autonóimico para arranxar o vertedoiro de Moldes.
A Pobra volve poñer en xogo 200 caramiñas diarias este Nadal
As caramiñas volven á Pobra por Nadal. O concello pon en marcha a campaña de dinamización na que sorteará 200 euros diarios. Para participar tan só é preciso compartir en redes sociais fotos nos recunchos do Nadal do municipio.
A Pobra convoca un concurso de decoración de Nadal dirixido a comercios e hostalería
O concello da Pobra convoca un concurso de decoración de Nadal dirixido ó comercio e á hostalería. O obxectivo é implicar ó tecido económico na creación dun ambiente festivo en toda vila. Establécense dous premios en cada categoría.
O Refuxio da Pobra conta cun novo módulo para gatos grazas ó Fondo de...
O Centro de Recollida de Animais da Pobra conta cun novo módulo dotado con seis gateiras. A ampliación das instalacións, xestionadas pola protectora Moura, foi posible grazas ó Fondo de Compensación Ambiental da Xunta de Galicia.
Os pobrenses seguen a demandar máis médicos e un servizo de urxencias de tarde
Continúan as mobilizacións en defensa da sanidade pública. Este mediodía, a concentración tiña lugar no centro de saúde onde ducias de persoas esixiron a cobertura de tódalas prazas de médico e a recuperación do servizo de urxencias en horario de tarde.
O Xantar do Maior da Pobra reúne a máis de 750 persoas no pavillón...
Os maiores da Pobra viviron hoxe unha das citas máis agardadas no municipio. O Xantar de Confraternidade reuniu no pavillón de Venecia a máis de 750 persoas. Degustaron un menú servido por Chicolino e gozaron das actuacións musicais do grupo Trécola e Mar Davila Music.
Teatro, música e danza compoñen o ‘Outono Cultural’ da Pobra
A Pobra encara un outono cheo de cultura. As artes escénicas levarán o peso principal da programación deseñada para os meses de outubro, novembro e decembro, na que destacan o teatro, a música e a danza.
Marcos Rodríguez: ‘Somos os primeiros en realizar unha operación antidroga tan importante’
Non é habitual, nin moito menos, a participación da policía local en operacións a tan gran escala. De aí, o extraordinario do papel dos axentes pobrenses que lograron interceptar a droga así como a detención de tres dos implicados, na que foi clave a colaboración cidadá.


















