Recoñecemento público á Policía Local da Pobra pola súa decisiva intervención na operación Saona

A Policía Local da Pobra recibía este mediodía un merecido recoñecemento polo seu labor na operación Saona contra o narcotráfico. A súa intervención foi decisiva para interceptar o alixo de 3’6 toneladas de cocaína así como na detención dos tres tripulantes do narcosubmarino que transportou a droga.

Moito teatro e algunha sorpresa nas XXVII Xornadas Valle-Inclán da Pobra

Este sábado arrancarán na Pobra as Xornadas en Homenaxe a Valle-Inclán. Durante un mes desenvolveranse todo tipo de actividades culturais para poñer en valor  a figura deste escritor universal. O teatro cobrará especial peso nesta 27ª edición das xornadas organizadas polo Museo da Pobra e o Museo que leva o nome do autor.

A PDRA denuncia vertidos contaminantes na Pobra e esixe á Xunta medidas contundentes

A Plataforma en defensa da Ría de Arousa denuncia, xunto con outros 23 colectivos do mar, a existencia de vertidos recorrentes na Pobra. Esixen á Xunta de Galicia a adopción de medidas preventivas para evitar estas prácticas así como sancións máis duras para disuadir ós infractores.

A Pobra convoca o IX Concurso Fotográfico sobre Micoloxía

O concello da Pobra convoca a novena edición do Concurso Fotográfico de Micoloxía. O prazo para participar estará aberto ata o día 2 de novembro. Os aspirantes poderán presentar un máximo de dúas instantáneas.

Os pobrenses saen á rúa para denunciar a falla de médicos

Éxito de participación na primeira mobilización convocada pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza na Pobra. Máis dun centro de persoas concentráronse ás portas do centro de saúde para esixir a cobertura das prazas de médico, que actualmente se atopan ó 50 por cento.

O BNG denuncia a falla de médicos no centro de saúde da Pobra coa...

O BNG da Pobra denuncia novos recortes no centro de saúde do municipio. Á supresión da quenda de tarde do PAC dende hai máis dun ano súmanse dúas novas baixas se cubrir no cadro de persoal. Na actualidade, tan só hai 3 médicos dos 6 con que debería contar o centro.

A Pobra implica á veciñanza no deseño do novo modelo de recollida do lixo

O concello da Pobra convoca á cidadanía a unha asemblea este mércores co fin de presentar as distintas propostas para o futuro modelo de recollida do lixo. Será ás oito da tarde no antigo local do ISM.

A Pobra recupera a memoria dos lugares a través da sabedoría popular

O concello da Pobra porá en marcha o proxecto ‘Memoria dos Lugares’ que busca recompilar o saber popular das distintas aldeas e parroquias do municipio. Ademais da transmisión de todo ese patrimonio inmaterial a futuras xeracións, o programa promoverá tamén o envellecemento activo e a alfabetización dixital dos maiores.

MIles de devotos volven renderse ó Nazareno

A Pobra viviu este domingo o día grande das Festas do Nazareno coa tradicional procesión das Mortallas. Un ano máis a cita foi multitudinaria congregando a máis de 16 mil persoas atraídas pola singularidade desta tradición relixiosa.

O próximo martes saen á venda as entradas para o Xantar de Confraternidade da...

A Pobra celebrará o 17 de outubro o seu tradicional Xantar de Confraternidade. A cita congregará a 750 persoas, maiores de 60 anos, no pavillón de Venecia. O prezo do menú, a cargo de Chicolino, será de 18 euros.

REDES SOCIAIS

40,767FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete