Pasan a disposición xudicial os tres detidos relacionados co alixo de droga na Pobra
Este mediodía pasaban a disposición xudicial no Xulgado de Muros os tres únicos detidos, polo de agora, pola descarga de cocaína desta pasada fin de semana na Pobra. Tres varóns de nacionalidade colombiana que ó parecer están detrás da chegada da cocaína dende Sudamérica ás nosas costas.
O artista G-Face ofrecerá un concerto no marco das Festas do Nazareno
A Pobra quenta motores para unha das súas festas máis destacadas: o Nazareno. As celebración comezarán este venres co pregón a cargo da Banda de Música Ateneo Musical da Pobra. Entre a proposta de actividades destaca un amplo cartel musical entre os que figura G-Face, artista emerxente cunha gran proxección, que actuará o sábado a medianoite na praza Maior.
Golpe ao narcotráfico en Barbanza coa incautación de catro toneladas de cocaína
Importante golpe ó narcotráfico esta pasada fin de semana en Barbanza coa incautación de preto de 4 mil quilos de cocaína na Pobra do Caramiñal. O operativo, coordinado Grupo Greco Galicia da Policía Nacional, saldouse coa detención de tres colombianos, ó parecer vinculados á operación, que segue aberta, baixo segredo, polo que non se descartan máis detencións.
A Pobra acollerá o 15 de setembro o Campionato Galego de Remo de Mar
Esta mañá presentábase na Pobra o Campionato Galego Xunta de Galicia de Remo de Mar. unha proba que terá lugar o vindeiro domingo 14 de setembro baixo a organización do Club de Remo Puebla e a Federación Galega de Remo. Estará aberto a tódalas categorías, dende alevín a veteranos, e nela prevese unha participación duns 150 remeiros procedentes de clubs de toda Galicia.
Os comuneiros de Lesón denuncian novos estragos do gando mostrenco nas súas plantacións
A Comunidade de Montes de Santa Cruz de Lesón na Pobra do Caramiñal vén de denunciar os estragos ocasionados polo gando mostrenco en varias das súas plantacións, na Curota. Segundo eles non é un problema novo. Apelan ás Administracións con competencias na materia, nomeadamente á Xunta e ó Concello, a que tomen cartas no asunto, para que traten de identificar ós presuntos responsables, xa que os danos ocasionados representan un alto custe para a Comunidade.
Seis persoas tiveron que ser evacuadas na Pobra a consecuencia dun incendio rexistrado nun...
Gran susto o que se levaron os veciños deste edificio, o número 18, situado na céntrica rúa Rafael Calleja da Pobra, a consecuencia dun incendio orixinado na tarde de onte nunha das estancias do primeiro andar. Por fortuna non houbo que lamentar danos persoais. Aínda así, a consecuencia da mesta fumareda, foron desaloxadas seis persoas que residían no inmoble e que resultaron afectadas pola inhalación de fume, aínda que se escasa consideración.
A Banda de Música Ateneo Musical da Pobra será a pregoeira das Festas do...
A Pobra prepárase para vivir as súas festas maiores, as do Nazareno, declaradas de Interese Turístico de Galicia. Celebraranse do 19 ó 22 de setembro. Serán catro días de actividades do máis variado, aínda que o día grande, será o domingo, cando se celebra a tradicional procesión das mortallas, na que se agarda a participación de miles de persoas.
A Pobra volverá sacar este venres o deporte á rúa
O concello da Pobra volverá sacar o deporte á rúa este venres nunha xornada dirixida especialmente ós máis novos. A praza Segundo Durán, as pistas do Castelo e a praia do Areal acollerán exhibicións dos diferentes clubs deportivos do municipio e distintas actividades abertas ó público.
A Pobra solicita o apoio da Xunta para a posta en valor do castro...
O alcalde da Pobra vén de solicitar o apoio da Xunta para o proxecto de investigación e divulgación do castro da Croa de Posmarcos. Nunha xuntanza mantida co director xeral de Patrimonio Cultural e o director do Servizo de Arqueoloxía da Xunta, o rexedor trasladoulle esta petición, co fin de seguir conservando e poñendo en valor o patrimonio local.
Arranca na Pobra unha nova edición de ‘Comercio á Rúa’
Mañá venres arranca na Pobra unha nova edición de ‘Comercio á Rúa’. A iniciativa comercial desenvolverase durante toda a fin de semana na praza do Emigrante. Os establecementos participantes sacarán os seus produtos e servizos á rúa. Tamén haberá actividades de animación.


















