A Pobra reducirá a taxa dos postos do mercado ambulantes nos meses de menor...

A corporación municipal da Pobra debaterá mañá en pleno a modificación da taxa fiscal do mercado. O novo texto introduce importantes novidades para os feirantes como o cobro por metros liñais e non cadrados ou a redución do prezo durante o primeiro e o último trimestre do ano cando se reduce a actividade.

A Pobra celebrará o Carme dos Pincheiros entre o 15 e o 18 de...

A Pobra celebrará as súas festas grandes entre o 15 e o 18 de agosto. O Carme dos Pincheiros encherá a vila de celebracións, música e tradición. Precisamente entre os elementos máis tradicionais destacan os xogantes e cabezudos que desfilarán polo concello durante os catro días que duran os festexos.

Os nenos da Pobra aprenden a importancia de coidar o ecosistema a través dunha...

A praia de Cabío acolleu unha xincana ambiental para concienciar ós máis pequenos sobre a importancia de coidar os ecosistemas mariños. Esta actividade, organizada polo concello da Pobra, está ligada ó distintivo da bandeira azul.

A Deputación da Coruña pon en valor os produtos locais da nosa gastronomía a...

Poñer en valor non só a nosa gastronomía senón ós produtores locais que aportan a mellor materia prima. Este é o obxectivo de Saudade, o proxecto desenvolvido pola área de Turismo da Deputación da Coruña, que reúne na provincia a 13 cociñeiros con estrela Michelín.

O Museo Valle-Inclán amplía a súa oferta de visitas comentadas durante o verán

O Museo Valle-Inclán oferta visitas comentadas ó longo de todo o verán. Nestes encontros divulgativos, os asistentes poden achegarse ós valiosos fondos documentais que alberga o centro así como coñecer a historia da Torre de Bermúdez declarada Ben de Interese Cultural.

As festas do Carme do Castelo abren o calendario festivo na Pobra

Presentadas na Pobra as festas do Carme do Castelo. A cita, coa que se inaugura o calendario festivo na localidade, desenvolverase do 18 ó 20 de xullo, cun programa completo con propostas para tódolos públicos. Un dos pratos fortes do programa será de novo o Festival Folk que chega este ano a súa novena edición e que incluirá o concerto de Sés.

A campaña Merca no teu Comercio premia a fidelidade dos clientes da Pobra e...

A praza do emigrante da Pobra foi escenario da entrega de premios Merca no teu comercio. Os agraciados nesta campaña desenvolvida tanto no concello pobrense como en Porto do Son, recolleron os seus vales por valor de 50 euros para consumir no comercio local.

Costas avanza no proxecto de rexeneración dos Areos

Hai varias semanas a Demarcación de Costas sacaba a exposición pública o proxecto de rexeneración da praia dos Areos, na Pobra do Caramiñal. A actuación, cun investimento total de dous millóns de euros, permitirá poder recuperar para uso público un espazo na actualidade degradado, incluíndo o derrube das antigas naves dos cataláns, que se atopan nun estado importante de ruína.

300 persoas correrán este sábado na Pobra contra a diabetes

A Pobra acollerá este sábado a cuarta edición da Carreira Solidaria ‘Móvete pola Diabetes’. No evento, organizado pola asociación Anedia e o Club Atletismo Barbanza, agardan reunir a máis de 300 corredores.

A bandeira azul xa loce na praia de Lombiña-Cabío

A Pobra procedeu este mediodía ó izado simbólico da bandeira azul na praia de Lombiña-Cabío, coincidindo co inicio da temporada de verán. Por segundo ano consecutivo, o distintivo, que premia a calidade das augas e os servizos que ofrece, volverá a ondear neste areal.

REDES SOCIAIS

40,767FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete