O Damm de Barcelona faise co Torneo Solidario Congalsa de Fútbol Base
Fin de semana deportivo no Barbanza co Torneo Internacional de Fútbol Base Congalsa celebrado na Pobra. Polo estadio da Alta pasaron as canteiras dos mellores equipos non só a nivel nacional senón que contou tamén con presenza de clubs portugueses. Finalmente, o Damm de Barcelona fíxose co triunfo.
O BNG esixe á Xunta un informe sobre o impacto socioeconómico de Altri na...
O BNG pide á Xunta de Galicia un informe sobre o impacto socioeconómico de Altri sobre os concellos da ría de Arousa. Máis aló do impacto ambiental, os nacionalistas alertan das negativas consecuencias sobre os miles de postos de traballo directos e indirectos que xera a actividade bateeira e marisqueira en Arousa.
O Torneo Internacional de Fútbol Base da Pobra encherá o Barbanza esta fin de...
Esta vindeira fin de semana terá lugar na Pobra unha nova edición do Torneo Internacional Congalsa de fútbol base a favor da Fundación Aladina. Un torneo que ano tras ano está a cobrar un maior renome. A cita reunirá a un total de 39 equipos de categoría alevín, procedentes das mellores canteiras, non só de ámbito nacional senón tamén internacional.
Escolares da Pobra iniciaranse no baile deportivo da man do Taller Alecrín
Os alumnos do Salustiano Rey Eiras sa Pobra iniciaranse no baile da man do Taller Alecrín. Participarán en tres sesións de baile deportivo como parte do programa de Educación Física. Ademais das modalidades estándar e latina pecharán a actividade cun concurso de baile.
O Cine Elma acollerá a estrea oficial da curta ‘Adeus, Berta’, ambientada na Pobra
A Pobra acollerá este venres a estrea da curta ‘Adeus, Berta’. Trátase dunha produción de Kraken Media, dirixida por Fernando Tato e protagonizada por Ánxela Andrade e a pobrense Gemma do Carmo. O acto terá lugar no Cine Elma a partir das sete e media da tarde.
A Pobra volverá converterse esta fin de semana en sede do remo nacional
A Pobra será sede esta fin de semana do Campionato de España de Trainerillas. Un cento de embarcacións participarán nas regatas que se celebrarán o sábado e o domingo nas categorías cadete, xuvenil e absoluta tanto masculinas como femininas.
A Deputación da Coruña ratifica o seu apoio o Club de Remo Puebla cunha...
A Deputación da Coruña oficializou a concesión dunha axuda de 100 mil euros ó Club de Remo Puebla coa sinatura dun convenio que tivo lugar na sede da entidade deportiva. Esta subvención nominativa contou co respaldo unánime de tódolos grupos da corporación provincial.
O PP da Pobra denuncia o mal estado do paseo da Pedra da Moura
O PP da Pobra denuncia o mal estado no que se atopa a pasarela de madeira do paseo da Pedra da Moura. Os populares culpan desta situación ó executivo local, que despois de máis de doce anos, non foi quen de realizar un correcto mantemento da mesma, poñendo en serio risco a seguridade das persoas que poidan transitar pola infraestrutura.
A ‘maleta viaxeira’ contra a violencia de xénero chega á Pobra
‘Mavi’, a maleta viaxeira contra a violencia de xénero que promove a Subdelegación do Goberno na Coruña chega á biblioteca da Pobra. A iniciativa, coa que se busca promover a igualdade de xénero e a prevención da violencia machista, foi presentada na localidade pola propia subdelegada do Goberno, María Rivas.
A Pobra volverá ser porto de saída para visitar as Illas Atlánticas
O concello da Pobra e Piratas de Nabia volven ofertar visitas ás Illas Atlánticas ó longo deste verán. Programáronse seis saídas en catamarán a Cíes, Ons e Sálvora. Nesta última poderá realizarse tamén unha ruta nocturna para observación astronómica.

















