O IES Pobra e o colexio de Cadreche suspenden os clases por mor das...

O Barbanza está a rexistrar numerosas incidencias ó paso desta borrasca. O IES Pobra e o colexio Pilar Maestú Sierra, da mesma localidade, víronse obrigados a suspender as clases nesta xornada.

O PP da Pobra critica que o goberno solicite a reversión de terreos que...

O PP da Pobra critica a falla de coñecemento amosada polo goberno local na recente reunión con Portos de Galicia. Din os populares que os terreos que pretender reverter ó concello xa son de titularidade municipal.

O pleno da Pobra aproba destinar o POS adicional a varios programas de emerxencia...

A corporación pobrense aprobou por unanimidade as partidas a incluír no POS Social da Deputación da Coruña. Son máis de 50 mil euros que se destinarán ós programas de comedor sobre rodas, cesta da compra, axudas de emerxencia e vivenda social.

A Alameda e a Praza Maior da Pobra volverán ser titularidade do concello

Portos de Galicia e o concello da Pobra acordaron a reversión dos terreos innecesarios para a actividade portuaria. Pasaría novamente a titularidade municipal toda a zona da Alameda e a Praza Maior así como o treito da estrada que os separa .

A Deputación da Coruña apoia ao Club de Remo Puebla con cen mil euros

Na Pobra seguen os apoios ó Club de Remo Puebla, que intenta rexurdir tralo devastador incendio que destruíu por completo a súa sede social, na Covecha. A Deputación da Coruña anunciou que destinará unha axuda de 100 mil euros para compra de novas embarcacións e diverso equipamento.

Seguen as inspeccións para dar coa posible orixe do vertido na Ribeiriña

Na Pobra seguen tamén as inspeccións no entorno da antiga fábrica de Hadasa, na Ribeiriña, co fin de detectar a posible orixe dun vertido aparecido no mar nos últimos días.

Marea solidaria de axuda ó Club de Remo Puebla para reconstruir a súa sede

Dous días despois do voraz incendio que destruíu por completo a sede do Club de Remo Puebla seguen as mostras de apoio e solidariedade co Club. O máis importante nestes momentos, poder reconstruír a nave que foi pasto das lapas. A estrutura do edificio está gravemente danada polo que todo apunta a que haberá que derrubala.

Tres compañías pasarán polo Cine Elma na Mostra de Teatro Afeccionado da Pobra

No marco da súa Mostra de Teatro, o concello da Pobra dedicará o mes de xaneiro ás compañías amateur. Serán tres as funcións que se representen no cine Elma a cargo da Asociación Cultural Charamela, o Grupo Licor Café e Teatro As Maniotas.

Os Reis Magos percorrerán A Pobra en descapotables

Os Reis Magos iniciarán ben cedo o seu percorrido pola Pobra o próximo día 5 de xaneiro. A partir das dez e media percorrerán todo o municipio en vehículos descubertos. X apola tarde, desfilarán na cabalgata polo casco urbano.

A Pobra volverá adiantar o Aninovo con badaladas a mediodía

Un ano máis A Pobra adiantarase ó Fin de Ano. O día 31 pola mañá celebrarase unha festa de Aninovo con badaladas, cotillón e animación de rúa.

REDES SOCIAIS

40,767FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete