A campaña Caramiñas da Pobra repartirá 200 euros diarios e unha viaxe a Disney

Este domingo arranca unha nova edición da campaña de Nadal Caramiñas na Pobra. Para participar tan só é preciso compartir en redes unha foto nalgún recundo do municipio decorado con motivos navideños. Os que o fagan entrarán no sorteo de 200 euros diarios e unha viaxe a Disney.

A Pobra acenderá o seu Nadal este sábado

A Pobra será un dos primeiros concellos do Barbanza en estrear o Nadal. Este sábado terá lugar o acto de acendido do alumeado na praza Segundo Durán xunto coa inauguración do belén e un concerto.

Detidos cinco pobrenses no marco da operación ‘O Inferno’ contra o tráfico de drogas

Golpe ó tráfico de drogas na Pobra. A Garda Civil detivo a un total de cinco persoas, pertencentes a un mesmo clan familiar. Foi no marco da operación ‘O Inferno’, que se saldou ademais co intervención de numerosas substancias e unha gran cantidade de diñeiro en metálico.

A Pobra repite por quinto ano co Concurso de Embelecemento de Balcóns e Fachadas

A Pobra promove por quinto ano consecutivo o concurso de Embelecemento de Balcóns e Fachadas. A iniciativa, que premiará a aquelas vivendas mellor decoradas da localidade, forma parte da campaña ‘Volta o Nadal, voltan as Caramiñas’.

A Pobra repite co programa ‘Espazos nas Escolas’

A Pobra repite por terceiro ano consecutivo o programa ‘Espazos nas Escolas’. Trátase dun servizo de atención socioeducativa que se oferta a todalidade de centros educativos do municipio, dende infantil a secundaria. O servizo levarase a cabo da man da asociación Antonio Gandoy.

Escolares de Cadreche renaturalizarán unha parte do patio do colexio

Os alumnos do colexio Pilar Maestú Sierra da Pobra encargaranse eles mesmos da renaturalización dunha parte do patio do centro educativo. Será froito dun proxecto socioeducativo e ambiental, no que ademais do colexio está implicado o Concello.

A Pobra convida á cidadanía a posicionarse contra a violencia de xénero

A Pobra volverá conmemorar o Día Internacional contra a violencia de xénero con diversos actos enmarcados na campaña ‘Desmárcate’. Ademais da concentración do propio día 25, desenvolveranse actividades cos centros educativos e un obradoiro de defensa persoal

A Pobra pon fin ás Xornadas Micolóxicas

A Pobra puxo fin onte domingo ás súas Xornadas Micolóxicas cunha saída de campo e unha degustación gastronómica. Aproveitouse ademais para facer a entrega dos premios da oitava edición do Concurso Fotográfico de Micoloxía.

Valentín G. Formoso: ‘A contía do POS+2025 verase aumentada en máis dun 70%’

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, realizou esta mañá unha visita institucional á Pobra do Caramiñal. A finalidade da mesma non era outra que supervisar varias das actuacións desenvolvidas neste municipio con cargo ó Plan de Obras e Servizos do organismo provincial.

Os traballadores da Tomada súmanse ás campañas de doazón de sangue

Os traballadores do polígono da Pobra tiveron ocasión de aportar ó seu gran de area ó sistema sanitario. A entidade de conversación da Tomada solicitou a presenza da unidade móbil de doazón de sangue nunha experiencia piloto en colaboración coa Axencia de Doazón de Órganos e Sangue de Galicia.

REDES SOCIAIS

40,767FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete