A confraría da Pobra recorre á vía penal ante a avalancha de furtivos nas...

O incremento do furtivismo levou á confraría da Pobra a adoptar medidas drásticas. Ademais do reforzo da vixilancia por parte dos mariscadores, recorrerán á vía penal en vista da ineficacia das sancións administrativas.

A Regata Rías Baixas volverá recalar na Pobra na súa 63 edición

A Regata Rías Baixas volverá recalar na Pobra do Caramiñal na súa 63 edición. Medio cento de embarcacións tomarán parte nesta proba, unha das máis lonxevas de toda Galicia, que se compón de catro etapas co porto pobrense como única escala na provincia da Coruña.

O comercio da Pobra sairá á rúa esta fin de semana

A Pobra celebra esta fin de semana unha nova edición do Comercio na Rúa. A praza do Emigrante albergará as casetas nas que os comerciantes da vila sacarán á venda os seus produtos.

O barrio do Lagar na Pobra contará con aparcamentos reservados para residentes

O concello da Pobra vén de reordenar o estacionamento no barrio do Lagar reservando prazas exclusivas para residentes. As persoas que reúnan os requisitos xa poden solicitar a tarxeta acreditativa para o seu uso nas dependencias da Policía Local.

Congalsa e a USC estreitan a súa colaboración para a transferencia de coñecemento

Congalsa e a Universidade de Santiago buscan novas vías de colaboración no campo da innovación e da ciencia. A reitora da institución visitou a sede da empresa no polígono da Tomada. para coñecer de primeira man os procesos produtivos e os proxectos de investigación desenvolvidos pola firma pobrense.

Polémica polo emprazamento da estación de bicicletas eléctricas da Pobra

A Mancomunidade Barbanza Arousa procedeu á instalación das estacións de bicicletas eléctricas nos catro concellos. O obxectivo é fomentar a mobilidade sostible intercomarcal a través deste servizo de préstamo que estará xa operativo nas próximas semanas.

O orzamento da Pobra para este 2026 ascende a 10’5 millóns de euros

O executivo da Pobra levará este venres a pleno para a súa aprobación inicial a súa proposta orzamentaria para este ano 2026. O presuposto ascende a 10’5 millóns de euros, unha cifra lixeiramente inferior á do ano anterior, nun 2’7%.

A Plataforma pola Sanidade alerta do incremento da presión asistencial no Barbanza durante o...

Novo escenario pero mesma reivindicación. A plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza trasladou as concentracións do centro de saúde da Pobra ós Xardíns Valle-Inclán. Pretenden deste xeito facer máis visible a súa protesta pola cobertura das vacantes e a apertura do PAC en quenda de tarde.

O futuro do Club de Remo Pobra pende dun fío

O proxecto de reforma da sede do Club de Remo Pobra, que fóra pasto do lume en xaneiro de 2025, quédaselles pequeno. O Club traballa para conseguir o financiamento necesario para sacar adiante un proxecto máis ambicioso que dea resposta ás necesidades actuais da entidade, cun volume de remeiros importante.

Multitudinaria manifestación na Pobra en defensa da sanidade pública

Multitudinaria manifestación a vivida onte domingo na Pobra en defensa da sanidade pública. A mobilización tiña coma principal finalidade reclamar a cobertura de tódalas prazas de profesionais no centro de saúde da localidade e un PAC a tempo completo con urxencias pola tarde.

REDES SOCIAIS

40,765FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete