O goberno da Pobra aproba unha declaración conxunta en defensa da sanidade pública
O goberno da Pobra formado por Nós Pobra, BNG, Partido Socialista e Veciños Independentes da Pobra aprobou unha declaración conxunta en defensa da sanidade pública. No documento recóllese tamén a súa preocupación pola situación do centro de saúde da localidade debido ós recortes no persoal e á perda de servizos.
A praza de abastos de Ribeira xa forma parte da rede de mercados excelentes...
A praza de abastos de Ribeira xa forma parte de forma oficial da rede de mercados excelentes de Galicia. Esta mañá o conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, visitaba as instalacións, poñéndoas como referente de calidade, innovación e compromiso coa veciñanza.
O mercado da Pobra celebrarase o próximo mércores a pesar de coincidir co festivo...
O concello da Pobra aposta por celebrar o mercado ambulante o próximo mércores coincidindo coa festividade de San Xoán. Dan así resposta a unha vella demanda dos vendedores que solicitaban manter a data aínda que non caera en día laborable.
Un apicultor da Pobra gaña a medalla de ouro no Certame Internacional de Hidromel...
Fernando Cores vén de situar á Pobra no mapa europeo da apicultura tras gañar o Concurso Internacional de Hidromel celebrado en Portugal. O delegado da asociación galega de Apicultura no Barbanza e O Salnés conseguiu a máxima distinción do xurado cunha elaboración caseira a base de mel e herbas aromáticas.
A Pobra sairá a rúa en defensa da sanidade pública o domingo 28 de...
A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza vén de convocar unha manifestación para o vindeiro domingo 28 de xuño na Pobra. A saída terá lugar ás doce da mañá, dende as inmediacións do centro de saúde, para percorrer diversas rúas da vila ata a Praza do Emigrante. A mobilización ten coma principal finalidade a demanda de solucións ás carencias na atención sanitaria que padece a veciñanza da localidade, entre as que se atopa a solicitude dun PAC en horario de tarde.
O Torneo Internacional Congalsa logra recadar máis de 7 mil euros para a Fundación...
Esta mañá a organización do Torneo Internacional Congalsa de Fútbol Base celebrado o pasado mes de maio na Pobra fixo balance da competición. A nivel deportivo e organizativo o Torneo volveu a saír de 10, logrando ademais recadar máis de 7 mil euros que irán destinados á Fundación Aladina, que presta apoio a nenos con cancro e ás súas familias.
Natureza, cultura e tradición conforman a experiencia turística da Pobra para este verán
O concello da Pobra presentou a súa oferta turística para este verán. Experiencias mariñeiras, natureza, paisaxe e patrimonio concentran boa parte das actividades das que poderán gozar os numerosos visitantes que se acheguen ata o municipio.
A ‘Choqueirada de Verán’ encherá A Pobra de disfraces en pleno xuño
A Pobra segue a apostar por eventos que atraían visitantes ó longo de todo o ano. A finais deste mes de xuño terá lugar unha nova edición da Choqueirada de Verán con animación musical a cargo de varios grupos e unha sesión DJ
A Pobra volverá camiñar contra o cancro o 14 de xuño
A Pobra volverá camiñar unida contra o cancro. O domingo 14 de xuño terá lugar unha nova edición da andaina solidaria. Ademais das probas, que se dividen en dúas distancias, haberá actividades para nenos e animación musical.
A Pobra volverá ofertar viaxes ás Illas Atlánticas este verán
O concello da Pobra volverá ofertar este verán viaxes en catamarán ás Illas Atlánticas. As saídas ás Illas Cíes, Ons e Sálvora estarán organizadas pola empresa Piratas de Nabia.


















