O presidente da Deputación destaca o papel de Congalsa como motor do emprego feminino

O presidente da Deputación da Coruña sitúa a Congalsa como referente da industria transformadora en toda Galicia. Así o manifestou Valentín González Formoso na visita realizada á factoría emprazada no polígono da Tomada na Pobra na que tivo ocasión de coñecer as instalacións da planta e os plans de futuro da compañía.

37 equipos medirán forzas no Torneo Fútbol Base Congalsa en beneficio de Aladina

A Pobra volverá convertese durante o mes de maio en capital do fútbol base co Torneo Internacional Congalsa en beneficio da Fundación Aladina. Preto de 40 equipos, con representación internacional, daranse cita no evento entre o 22 e o 24 de maio.

Conclúen con éxito as obras de consolidación do paseo dos Areos

Concluídas as obras de consolidación do paseo marítimo dos Areos acometidas pola vía de emerxencia ante o risco de colapso da estrutura. O alcalde da Pobra e a concelleira de Obras supervisaron esta mañá o resultado dos traballos.

Rematada a terceira fase do saneamento do Conchido

Concluída a terceira fase das obras de saneamento no lugar do Conchido na Pobra. A instalación da rede separativa de saneamento e pluviais dará servizo ás numerosas vivendas na zona e evitará a emisión de vertidos ó mar.

Entregan máis de 3000 sinaturas reclamando melloras sanitarias na Pobra

A Plataforma en Defensa de Sanidade Pública do Barbanza entregaba esta mañá no concello da Pobra as máis de tres mil sinaturas recollidas nas últimas semanas. Reclaman á Consellería a cobertura de tódalas prazas médicas e a apertura do PAC en quenda de tarde.

A Pobra oferta 150 prazas para conciliar durante o verán

Na súa aposta por favorecer a conciliación, o concello da Pobra volverá poñer en marcha este verán o programa ‘Móvete’. Vai dirixido a nenos de 3 a 12 anos que disporán dunha alternativa de lecer durante todo o período non lectivo.

A presentación dun libro sobre Manuel Hermo abrirá na Pobra os actos do Día...

O concello da Pobra e a Comisión pola Recuperación da memoria Histórica organizan unha serie de actos para conmemorar o Día da República.  O programa inclúe a presentación dun libro do investigador José Antonio Pérez Fernández sobre Manuel Hermo e o nomeamento do autor como  republicano de honra .

O Campionato Galego de Bateis reunirá na Pobra a máis de 800 deportistas

A Pobra vivirá esta fin de semana unha auténtica festa do remo. O campionato galego de bateis reunirá a máis de 800 deportistas durante dúas xornadas de competición das que sairán os equipos clasificados para a competición nacional.

A Pobra convida a descubrir o seu patrimonio histórico e natural

A POBRA> A Pobra ofrece esta Semana Santa unha alternativa de ocio para os visitantes. As actividades relixiosas complementaranse cunha oferta de turismo mariñeiro,...

A Pobra promove o envellecemento activo dos seus maiores

O concello da Pobra volve poñer en marcha unha nova edición do programa de Envellecemento Activo. Componse de musicoterapia e talleres de memoria impartidos pola Cruz Vermella no centro sociocomunitario.

REDES SOCIAIS

40,766FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete