‘En voz baixa’ ofrecerá un concerto solidario en beneficio da Fundación Aladina
Os pobrenses volverán facer gala da súa solidariedade no concerto organizado pola asociación das Amas de Casa en beneficio da Fundación Aladina. Será este sábado 28 no Teatro Elma a cargo do dúo ‘En voz baixa’.
A alameda da Pobra acolle unha mostra sobre a camelia na provincia da Coruña
A Pobra acolle a exposición ‘A Camelia na provincia da Coruña’. A mostra, organizada Asociación Española da Camelia con financiamento da Deputación da Coruña, poderá visitarse nos xardíns de Valle-Inclán ata este domingo.
A Pobra conmemorará o Día da Poesía cun recital aberto á veciñanza
A poesía volverá estar moi presente na Pobra que volverá conmemorar o Día Mundial deste xénero literario. Será cun recital poético e posterior sesión de micro aberto que se celebrará este venres no auditorio da biblioteca municipal.
A confraría da Pobra insta á Xunta a habilitar unha partida de emerxencia ante...
Ó igual que noutras moitas confrarías da ría de Arousa, a situación na Pobra é crítica. A caída de ingresos procedentes do marisqueo deixou ó pósito en números vermellos. Aínda que xa están inmersos nun ERE dende hai máis dun ano, non descartan ter que tomar outras medidas máis drásticas se a situación non mellora.
Investigan o roubo nunha perruquería da Pobra a plena luz do día
A Garda Civil e a Policía Local da Pobra investigan a autoría dun roubo con forza nunha perruquería da localidade, situada en pleno casco urbano. Os amigos do alleo accederon ó interior do local rompendo o vidro dunha fiestra lateral. Os cacos levaron todo o diñeiro en metálico que atoparon.
Os veciños da Pobra seguen a reclamar un PAC de tarde
Seguen as concentracións na Pobra para reclamar un Punto de Atención Continuada a tempo completo. Como veñen facendo cada venres dende outubro pasado, a veciñanza da localidade saíu esta mañá á rúa para demandar unha atención primaria de calidade.
Barbanza Arousa entrega os premios do ‘+ Que Tapas’
A Mancomunidade Barbanza Arousa entregou esta mañá na Pobra os premios da Ruta ‘Máis que Tapas’ que se desenvolveu durante os meses de novembro e decembro pasado. Na presente edición tomaron parte uns 34 establecementos dos catro concellos que integran a entidade. A mellor tapa en Rianxo foi para o restaurante ‘Aghro da Corna’; en Boiro para ’La Tablita‘; na Pobra para o bar ‘La Calle’ e en Ribeira para a ‘Recoveira’.
O concello da Pobra pon en marcha un servizo de asesoramento xurídico para inmigrantes
O concello da Pobra vén de poñer en marcha un servizo de asesoramento xurídico especializado en estranxeiría. Será prestado polas avogadas da Asociación de Migrantes de Galicia na sede de Servizos Sociais da Pobra.
O concello da Pobra licita o proxecto para dotar de saneamento o lugar de...
O concello da Pobra vén de sacar a licitación o proxecto de saneamento do lugar de Ouxo en Posmarcos. A actuación suporá un investimento de máis de 120 mil euros e dará servizo á totalidade das vivendas deste núcleo de poboación.
A Pobra reivindica o legado de Rosalía nos actos do seu aniversario
A Pobra volveu conmemorar o Día de Rosalía cun emotivo acto no que participaron os escolares do municipio. Ademais da lectura de poemas e cantigas, celebrouse a tradicional ofrenda floral ante o busto da escritora.


















