O concello da Pobra estudará con Costas posibles solucións ós danos no paseo dos...

O concello da Pobra busca unha solución integral ós problemas que presenta o paseo dos Areos, con risco de derrube en varios treitos. Nunha próxima reunión coa Demarcación de Costas, o alcalde da Pobra proporá retomar o proxecto que contemplaba a demolición da maior parte da estrutura para a recuperación do espazo natural.

O alcalde da Pobra asume Deportes en relevo de Eloy Sobrido que mantén Facenda...

Cambios no organigrama do concello da Pobra. O alcalde asumirá as competencias en materia de Deportes por razóns operativas. Eloy Sobrido, que ata o de agora asumía esta área, quedará á fronte das delegacións de Facenda e Mocidade.

O concello da Pobra requirirá a Costas información sobre o estado dos vertidos da...

Preocupación na Pobra ante a aparición de novos vertidos na zona da Ribeiriña. Aínda que o concello non ten as competencias en materia de litoral, dirixirase á Xunta e á Demarcación de Costas para coñecer o resultado das prospeccións realizadas na zona e as actuacións previstas para acabar coas filtracións.

A Pobra volverá a ofertar a Mostra de Teatro Afeccionado

A Pobra volve a ofertar a Mostra de Teatro Afeccionado. Reunirá a un total de tres compañías non profesionais. Desenvolverse os días 18 e 25 de xaneiro e o 1 de febreiro Tódalas funcións serán de balde, ás sete da tarde, no Teatro Elma.

Usuarios da Alta demandan a apertura do módulo cuberto de atletismo

Os usuarios do estadio da Alta na Pobra demandan a apertura do módulo cuberto de atletismo. A pesar de que as obras finalizaron hai xa un ano, a instalación permanece pechada e xa presenta deficiencias pola falla de uso.

Veciños do Xobre demandan a canalización das augas pluviais para evitar escorrentías

Os veciños do lugar da Costa, na parroquia pobrense do Xobre, levan tempo demandando a instalación dunha rede de pluviais. en época de chuvias, as augas procedentes da Garita inundan os viais e camiños da zona impedindo mesmo o acceso ás súas vivendas.

Os Reis Magos volverán percorrer as parroquias da Pobra en convertibles

Como cada ano, os Reis Magos chegarán á Pobra en vehículos descubertos. Tralo seu percorrido polas parroquias, terá lugar a tradicional cabalgata que concluirá cunha recepción real no Pavillón de Venecia.

Os pobrenses seguen a reclamar un PAC de tarde

Aínda que menos concorrida que en anteriores ocasións, a concentración pola sanidade pública volveu reunir este mediodía a ducias de pobrenses dainte do seu centro de saúde. demandan un Punto de Atención Continuada de tarde e a redución das listas de agarda para segundas consultas con especialistas.

A Pobra volve adiantar as badaladas cunha festa pre-fin de ano

Os pobrenses volverán adiantarse ó calendario coa Festa pre fin de ano que terá lugar a mediodía. As badaladas correrán nesta terceira edición a cargo dunha polifacética veciña que será a encargada de dar a benvida ó 2026 por adiantado.

Congalsa volve sortear unha Viaxe a Eurodisney na campaña de Nadal da Pobra

Volve un dos clásico do Nadal á Pobra. O concello e Congalsa sortearán unha viaxe a Eurodisney para catro persoas entre aqueles clientes que fagan as súas compras no municipio entre o 29 de decembro e o 5 de xaneiro.

REDES SOCIAIS

40,766FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete