Noia será punto de partida da XI edición de ‘Os 100 do Barbanza’

Trescentos participantes daranse cita na undécima edición de ‘Os 100 do Barbanza’, unha das probas de ultrafondo máis esixentes de Galicia. Disputarase entre o 20 e o 21 de xuño cun percorrido de 100 quilometros a través de sete concellos das comarcas do Barbanza e Muros-Noia.

Satisfacción en Outes polo anuncio da licitación da mellora da estrada DP-6.202

A Deputación da Coruña vén de licitar as obras de mellora do firme da estrada DP-6202, que vai de Outes ata a AC-400 por Valadares. O proxecto, unha vella demanda da veciñanza e o goberno local, conta cun orzamento de preto dos 530 mil euros.

O Xtosín Trail pechará este domingo o Trail Series Arousa Neo

A localidade sonense de Portosín acollerá este próximo domingo, 22 de febreiro, o Portosín Trail. Na proba, incluída no Circuíto Trail Series Arousa Neo, prevese unha participación de máis de 350 persoas, repartidos no trail longo, o curto e a andaina.

A Xunta proxecta unha nova senda peonil en Outes

A consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas proxecta unha nova senda peonil e ciclista en Outes. Construirase na estrada AC-550, entre Viro e Outes, e suporá un investimento de 1,4 millóns de euros.

Noia abrirá este domingo 22 o Calendario Galego de Andainas

Noia celebra este vindeiro domingo 22 de febreiro unha nova andaina. A proba, organizada polo Club Trabandainas, forma parte da Liga Galega de Sendeirismo. Constará de dúas rutas, unha longa de 25 quilómetros e outra curta de 15, con punto de saída e chegada para as dúas no IES Campo de San Alberto. Prevese unha participación dunhas 800 persoas.

Máis de 1000 deportistas participarán en Noia no Campionato Galego de Remo Ergómetro

Máis de 1000 deportistas, de 150 equipos de toda Galicia, daranse cita este domingo en Noia para participar no Campionato Galego de Remo Ergómetro . Disputarase no pavillón Agustín Mourís a partir das nove e media da mañá.

A Deputación financiará o 80 por cento da renovación do campo de fútbol de...

A Deputación da Coruña subvencionará a renovación do campo de fútbol de Cabanetán, en Lousame. A actuación, cun orzamento de máis de 200 mil euros, suporá unha importante mellora na instalación deportiva.

As confrarías trasládanlle a Mar a preocupación pola alta mortaldade de marisco

Mar analizou cos patróns maiores da ría de Muros-Noia a situación dos bancos marisqueiros afectados pola alta mortaldade de marisco a consecuencia dos temporais. Na xuntanza na que participou a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Ángeles Suárez, buscáronse solucións conxuntas para dar resposta ás necesidades do sector.

O BNG demanda medidas para apoiar ó sector marisqueiro afectado pola alta mortalidade de...

O BNG presentou unha serie de preguntas no Parlamento ante a alta mortalidade de marisco rexistrada no que vai de ano. Ademais de volver demandar a elaboración dun protocolo de baleirado de encoros, os nacionalistas aluden á necesidade de contar cun seguro colectivo fronte á perda de produtividade así como máis capacidade de produción de semente.

O BNG esixe á Xunta celeridade na restauración ambiental das Minas de San Finx

Trala recente rotura da balsa de Monte Neme, o BNG volve alertar do risco inminente que supoñen as presas de San Finx en Lousame. Piden á Xunta de Galicia celeridade na restauración ambiental da contorna da mina así como que esixan responsabilidades á empresa responsable a pesar de ter caducado a concesión.

REDES SOCIAIS

40,766FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete