Lousame recupera o seu tradicional desfile de disfraces
Lousame prepara un gran festival de entroido para este vindeiro sábado. Terá lugar no polideportivo Pilar Barreiro Senra entre as seis e as nove da noite. Haberá obradoiros, inchables, e degustación de chocolate con churros, orellas e filloas, ademais do tradicional desfile de disfraces.
A directora xeral de Xuventude coñece as melloras acometidas no Espazo Xove de Noia
A directora xeral de Xuventude visitou esta mañá o Espazo Xove de Noia onde se veñen de acometer unha serie de melloras. Estas instalacións forman parte dunha rede de 12 centros dependentes da Xunta en toda Galicia que buscan crear espazos de encontro para a mocidade.
As confrarías da ría de Muros-Noia volven esixir un protocolo de baleirado de encoros
As confrarías da ría de Muros Noia volven solicitar á Xunta a elaboración dun protocolo de baleirado dos encoros. O exceso de auga doce tralas precipitacións acumuladas nos últimos días provocou a mortaldade de máis do 70 por cento do berberecho na zona intermareal do banco da Misela
O executivo noiés mellora os servizos básicos en Albariza
O executivo noiés está a executar estes días en Albariza unha nova actuación que ten coma finalidade dotar a este núcleo de saneamento e abastecemento de auga. A obra realízase por Administración, cos propios medios do Concello, o que supuxo un importante aforro de custes para as arcas municipais.
A Fraternidade Internacional do Camiño de Santiago xestionará o albergue da Chaínza
A Fraternidade Internacional do Camiño de Santiago encargarase da xestión do albergue da Chaínza. O acordo foi posible grazas á sinatura dun convenio de colaboración entre o Concello e a dita entidade. O modelo elixido para a súa xestión será o de hospitalidade, mediante donativo.
Preocupación en Noia por un novo episodio de mortaldade de marisco
NOIA> As chuvias persistentes destas últimas semanas están a provocar novamente a mortaldade masiva de marisco nas praias de Noia debido á baixa salinidade polo...
O BNG volve denunciar o desmantelamento da sanidade pública nas comarcas de Muros e...
O BNG volveu a denunciar o desmantelamento da sanidade pública na comarca de Muros e Noia. A través de varias iniciativas, reclamarán o reforzo de persoal de atención primeira en tódolos concellos a mellora de infraestruturas que presentan importantes deficiencias como os centros de saúde de Noia, Porto do Son e Mazaricos.
O PP de Noia critica os orzamentos municipais ante a baixada dos investimentos
O PP de Noia critica a xestión do actual goberno municipal destacando a caída dos investimentos previstos nos orzamentos. OS populares botan de menos partidas para acometer proxectos como o centro de día da Chaínza ou a apertura da Rúa Outonil.
O Auditorio de Outes incorpórase á Rede Galega de Teatros
O auditorio da casa de cultura de Outes incorpórase á Rede Galega de Teatros e Auditorios, xestionada pola AGADIC, a través da Xunta de Galicia. Con esta incorporación Outes dotarase de maior financiamento para o deseño dunha programación escénica estable ó longo do ano e tamén de maior calidade para ofrecer à súa veciñanza.
O goberno noiés acada o respaldo do BNG para sacar adiante o orzamento de...
O executivo noiés presentou esta mañá o orzamento municipal para este 2026. O documento, que ascende ó 14’7 millóns de euros, medio millón de euros máis que o último exercicio, será levado a pleno este xoves para a súa aprobación. Para sacalo adiante, o goberno conta xa co apoio do BNG, materializando así o acordo entre os grupo de destinar máis de 600 mil euros de fondos propios a investimentos en materia de abastecemento de auga e saneamento.

















