Porto do Son conta con servizo de taxi adaptado grazas ás axudas autonómicas para...
Belén do Campo aproveitou tamén a súa visita en Porto do Son para coñecer o investimento realizado por un taxista do municipio, beneficiario das axudas autonómicas para adaptar o seu vehículo para persoas con mobilidade reducida.
Porto do Son avanza nas súas políticas ambientais cun novo vehículo para a recollida...
A delegada territorial da Xunta na Coruña desprazouse ata Porto do Son para coñecer os investimentos realizados con cargo ó Fondo de Compensación Ambiental. O concello destinou os preto de 80 mil euros que lle corresponden á adquisición dun vehículo con grúa para actuacións de protección do medio ambiente.
A Ría da Estrela confirma en Fitur o seu posicionamento como destino náutico con...
A Ría da Estrela afianza en Fitur o seu posicionamento coma destino da náutica recreativa. Aproveitou a súa presenza na Feira para presentar dúas novas peregrinacións marítimas. A sexta edición da Ruta Rías Baixas-Camiño da Ría de Muros Noia, que este ano terá coma novidade unha con etapa previa en Oporto, e outra máis vinculada á modalidade histórica da Vía Querinissima.
Mar destina 6’4 millóns de euros ás axudas para mellorar a seguridade e eficiencia...
A Conselleira do Mar anunciou esta mañá en Portosín a apertura do prazo para solicitar axudas para mellorar a seguridade e a eficiencia dos busques pesqueiros. A orde, publicada onte mesmo no DOG, contempla varias liñas para a mellora da habitabilidade das embarcacións, conectividade ou a eficiencia enerxética
Arquivada a causa penal polo vertido de pellets
O Tribunal de Instancia de Noia acordou o arquivo da causa do vertido dos pellets do Toconao. A investigación concluíu que a caída pola borda dos contedores foi consecuencia dun golpe de ma e que a empresa cumpría cos protocolos de carga.
Noia disporá antes do verán dunha área para autocaravanas en San Lázaro
O concello de Noia traballa na habilitación dun aparcamento público para autocaravanas na localidade. O proxecto, que se emprazará finalmente na zona do paseo marítimo, en San Lázaro, irá con cargo ó programa de turismo sostible en destino xestionado a través da ARD Ría da Estrela.
300 corredores abrirán o Circuíto Trail Series o domingo 25 en Outes
Preto de 300 corredores daranse cita o domingo día 25 no Trail de Outes. Será a primeira proba do circuíto Trail Series que terá continuidade en Porto do Son o 22 de febreiro.
Restablecido o servizo de auga no casco antigo de Noia tras tres días de...
Restablecido o servizo de auga en todo o casco histórico de Noia despois de tres días de avarías. Os servizos municipais traballaron arreo estes días para tratar de solucionar un problema provocado polas sucesivas roturas en varias tubaxes da rede xeral, todas elas de fibrocemento, con preto de sesenta anos de antigüidade.
Noia abre o calendario de probas da Copa Galicia de 3 horas de Resistencia...
Noia acollerá este vindeiro domingo 11 de xaneiro a primeira das probas do calendario da Copa Galicia de 3 horas de Resistencia BTT para este 2026. A actividade, que se desenvolverá no polígono de Augalevada a partir das doce da mañá, reunirá a uns 200 corredores.
Alexandre Otero gaña o Trail de Lousame cunha marca inferior ás dúas horas
O Trail de Lousame bateu este ano tódalas expectativas superando os 500 participantes nas distintas categorías da proba. Alexande Otero e Bea Barroso impuxéronse na carreira longa mentres que Adrián Sesar e Julia Salvado proclamáronse campións do Trail Curto.

















