Noia adxudica o contrato da iluminación para as festas

O concello de Noia vén de adxudicar o contrato de iluminación festiva para todo o ano por un importe de 120 mil euros. Ademais do alumeado de Nadal, incluirase tamén no novo contrato as luces das festas do San Marcos e o San Bartolomeu. Segundo explicaron fontes municipais a medida permitirá unha mellora significativa do servizo e unha redución importante dos custes.

A Deputación da Coruña aproba a subvención para a renovación do campo de fútbol...

A Deputación da Coruña vén de aprobar un convenio co concello de Lousame para a renovación do céspede artificial do campo de fútbol Cabanetán. A través dunha subvención nominativa, investirá 165 mil euros na mellora desta instalación deportiva.

O chef Pepe Vieira promociona o berberecho noiés

A Confraría de Pescadores de Noia promociona o seu berberecho da man do recoñecido chef Pepe Vieira. O cociñeiro visitou esta mañá os bancos marisqueiros de Testal, para saber como se extrae este bivalvo, un dos mariscos sinal de identidade e de calidade do pósito noiés. A actividade incluíase nas Xornadas de Exaltación do Berberecho que ían celebrarse hai varias semanas, pero que tiveron que suspenderse debido ó peche cautelar dos bancos marisqueiros pola presenza de toxina.

O Trail de Lousame disputarase o domingo 28 de decembro

Lousame presenta a oitava edición do seu trail. A cita terá lugar o domingo 28 de decembro. Como é costume haberá dous percorridos, un longo de 25 quilómetros e outro curto de 14. Coma novidade da presente edición é que a carreira formará parte do circuíto Galicia Trail Runnnig Series da Federación Galega de Atletismo.

O BNG leva a pleno a solicitude á Xunta de construír vivenda pública en...

O BNG de Noia levará ó próximo pleno unha moción a través da cal solicita a cesión dunha parcela de titularidade municipal situada no barrio de San Lázaro ó Instituto Galego de Vivenda e Solo para a construción de vivenda de promoción pública.

Noia constituirá a Mesa do Mar para unha mellor coordinación institucional na recuperación da...

O executivo noiés levará ó próximo pleno a constitución da mesa do mar. Trátase dun organismo de coordinación entre as distintas institucións para traballar na mellora da produtividade da ría.

A Xunta inviste uns 400 mil euros na mellora do firme na AC-196 ó...

A Delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, visitaba esta mañá Outes para supervisar as obras de reforzo que se están a evar a cabo actualmente na estrada AC-196 ó seu paso pola localidade. A actuación conta cun orzamento de preto dos 400 mil euros.

O BNG de Muros-Noia presenta emendas aos Orzamentos da Xunta por valor de máis...

O BNG denunciou novamente a falla de compromiso do Goberno da Xunta coa comarcas de Muros e Noia nos orzamentos do vindeiro ano 2026. Os nacionalistas presentarán diversas emendas que recollen actuacións para eles prioritarias para estas dúas comarcas que no seu conxunto suman máis de 25 millóns de euros.

Noia mellora a eficiencia enerxética do pavillón Alonso Rodríguez coa instalación de placas fotovoltaicas

O concello de Noia realizou unha serie de actuacións para mellorar a eficiencia enerxética no pavillón Alonso Rodríguez. Ademais da instalación de placas fotovoltaicas, procedeuse á reposición de varias luminarias na pista exterior.

Tres xornadas de concertos integran a Semana Musical de Noia

Noia celebrará a súa Semana Musical con diversos concertos na igrexa de San Mariño. Ademais das actuacións a cargo dos alumnos do conservatorio e de varias corais polifónicas, os dúas Naan e Xesta pecharán a programación.

REDES SOCIAIS

40,767FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete