Preocupación no sector bateeiro polo peche do 80% dos polígonos das rías galegas

Preocupación polo avance imparable da toxina en todas as Rías Baixas. Nestes momentos as rías de Pontevedra e Muros-Noia atópanse totalmente clausuradas, así como boa parte da de Arousa. En concreto, están pechados 41 dos 52 polígonos das rías.

O goberno noiés esixe responsabilidades ó PP polas facturas inxustificadas que pasaba ó Concello

Augas revoltas en Noia a raíz da publicación no xornal El Diario.es sobre o gasto desmesurado e inxustificado realizado polo grupo municipal do Partido Popular, que pasou ó Concello diversas facturas que nada teñen que ver coa actividade institucional. Dende o goberno esixen a dimisión de Santiago Freire, anterior alcalde, coma o máximo responsable, e pídenlle ó PP que devolva ó Concello eses cartos que se gastaron de forma incorrecta.

Noia avanza no Plan de Mobilidade coa peonalización do primeiro treito da Corredoira

O concello de Noia avanza na elaboración do seu Plan Integral de Mobilidade coa a peonalización do primeiro treito da Corredoira como primeiro paso. O resto da vía reabrirase ó tráfico, limitado a 20 quilómetros por hora e de oito da mañá ás dez da noite, dando prioridade ó tránsito peonil.

A Xunta inviste 20 mil euros na eliminación das filtracións no centro de día...

A Xunta de Galicia, a través do Consorcio galego de Servizos de Igualdade e Benestar, está a realizar diversas obras de mellora no centro de día de Outes. As actuacións, cun orzamento de preto dos 20 mil euros, teñen coma principal finalidade poñer fin ós problemas de filtracións que dende hai anos padece o edificio, con accións tanto na terraza coma na fachada posterior.

O concello de Noia habilitará crédito para o pago das facturas sen consignar

O executivo de Noia levará a pleno a habilitación de crédito para o pago das facturas pendentes. Con fondos propios e unha axuda da Deputación para gasto corrente asumirán o pago do 77 por cento da débeda cos provedores que ascende a máis dun millón de euros.

O BNG noiés aplaude a renovación do bombeo de Abruñeiras

O BNG noiés mostrou tamén a súa satisfacción tralo anuncio do Concello de levar a cabo a renovación do bombeo de Abruñeiras, na contorna de Barro. A actuación, cun custe duns 40 mil euros, que será financiada a través do POS Adicional da Deputación da Coruña, virá a dar solución a un problema medioambiental grave, que levaba máis de dez anos sen funcionamento.

Arranca a descarga de bonos da campaña ‘MercaNavila’ da Deputación

Esta mañá arrancaba a campaña de dinamización comercial ‘MercaNavila’ da Deputación da Coruña. O presidente do organismo provincial, Valentín González Formoso, visitaba en Noia varios comercios que se sumaron á iniciativa para coñecer as súas impresións e animar ós consumidores a descargar os bonos e mercar no comercio local.

A Creba conmemora en Noia o Día Mundial da Saúde Mental

A Asociación A Creba conmemorou en Noia o Día Mundial da Saúde Mental. Fíxoo cun acto reivindicativo ás portas da casa consistorial no que varios usuarios da entidade deron lectura a un manifesto. Sumáronse tamén á actividade, alumnos dos centros educativos de secundaria do municipio.

A Xunta mellorará os equipamentos da piscina municipal de Outes

A Xunta mellorará os equipamentos da piscina municipal de Outes. Esta mañá o conselleiro da Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e o alcalde da localidade, Fran Calo, asinaban o convenio de colaboración que permitirá realizar as actuacións, cun investimento duns 73 mil euros, dos que a Xunta aportará o 90%.

O BNG urxe a solucionar a falla de depuración das augas residuais en Noia

O BNG levará de novo ó Parlamento a problemática do saneamento da Ría de Noia, unha vez que os nacionalistas tiveron coñecemento da falla de depuración das augas residuais nos últimos anos, cuxos vertidos van a parar directamente ó mar. Os nacionalistas pídenlle á Xunta unha actuación urxente para reverter a situación, que está a poñer en xaque a produción pesqueira e marisqueira da Ría.

REDES SOCIAIS

40,767FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete