Mal inicio da campaña marisqueira en Noia con pouco berberecho e apenas ameixa
Máis de 1400 mariscadores volvían esta mañá á actividade en Noia. O arranque da campaña foi decepcionante tras constatar os profesionais a escaseza de marisco, especialmente de ameixa. Estes resultados confirmaban as malas expectativas que auguraban as mostraxes ante a escaseza de bivalvo de talla comercial.
O presidente da Deputación e o alcalde de Noia repasan os investimentos provinciais no...
O presidente da Deputación da Coruña desprazouse esta mañá ata Noia na súa primeira visita institucional ó concello trala toma de posesión do novo goberno. Alí, tivo ocasión de visitar as novas instalacións da asociación A Creba así como as obras de mellora no cruce de Barro.
A ANPA do colexio da Barquiña de Noia retoma as mobilizacións
A comunidade educativa do CEIP Alexandre Rodríguez Cadarso retomou as mobilizacións en contra dos recortes. Celebraron unha nova concentración a pasada tarde na alameda noiesa, antes do pleno no que se aprobou unha declaración institucional en defensa do ensino público.
Guille segue sen poder ir a clase con normalidade pola falla dun coidador
A pesar do compromiso adquirido pola Xunta, o IES Campo de San Alberto segue sen contar con coidador para Guille. Este alumno, con discapacidade superior ó 80 por cento, tan só conta con este recursos dúas horas ó día posto que está compartido co CEIP Alexandre Rodríguez Cadarso.
O BNG de Noia respalda á comunidade educativa fronte os recortes
Ademais de denunciar os recortes no Parlamento, o BNG de Noia levará a pleno a aprobación dunha declaración institucional para reclamar á Xunta a dotación de persoal suficiente nos centros afectados.
Esteban Ares xa é o novo alcalde de Lousame
Esteban Ares xa é alcalde de Lousame. Este mediodía recibía o bastón de mando da man da súa predecesora, Teresa Villaverde. O novo rexedor asume o cargo con ilusión e o compromiso de manter o legado recibido aínda que dende unha perspectiva renovadora.
Emotiva despedida de Teresa Villaverde tras 14 anos como alcaldesa de Lousame
O pleno de Lousame brindoulle unha emotiva despedida a Teresa Villaverde. A que fora alcaldesa durante 14 anos despediuse dos seus compañeiros de corporación dando o relevo a Esteban Ares.
As ANPAS da Barquiña e o IES Campo de San Alberto mobilízanse en Noia...
A primeira semana do curso escolar arranca no Barbanza igual que como arrancou: con protestas. Desta volta, foron as ANPAS do colexio da Barquiña e o IES Campo de San Alberto as que uniron forzas para denunciar os recortes que afectan ós dous centros.
A campaña de doazón de sangue de verán conclúe esta fin de semana en...
A campaña especial de verán de doazón de sangue chegará á súa fin en Noia. A unidade móbil estará instalada na praza do concello dende mañá venres ás dez da mañá ata o sábado ás tres da tarde. Os interesados en doar deberán ser maiores de 18 anos e acudir co DNI.
Porto do Son celebra o día máis emotivo das Festas do Carme
Porto do Son viviu hoxe o día grande das súas festas do Carme. As celebracións relixiosas centraron o programa festivo coa tradicional misa solemne no porto e a posterior procesión marítima.

















