Máis de 30 embarcacións participarán no XI Trofeo Pitusa Sabín

A ría de Muros-Noia acollerá esta fin de semana a undécima edición do Trofeo Pitusa Sabín – Regata Mar de Finisterre. A proba, na que participarán unhas 40 embarcacións, será puntuable para o Campionato de España de Cruceiros, a Copa de Galicia e o Trofeo Presidente da Xunta.

González Formoso destaca o carácter inversor da Deputación en Porto do Son

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, realizou esta mañá unha visita institucional ó concello de Porto do Son. Durante a visita destacou o investimento realizado polo organismo provincial neste municipio que acada os 16 millóns de euros nesta última década.

O novo goberno noiés dá a coñecer o reparto das áreas municipais

O novo goberno do Noia, conformado polo PSOE e A Marea, deu a coñecer o reparto das áreas municipais. Os socialistas, ademais da Alcaldía encargaranse dun total de 11 departamentos entre os que se inclúen Urbanismo, Relacións Institucionais e Promoción Económica. A Marea levará 10. á primeira Tenencia de Alcaldía, sumaránselle tamén Facenda, Mar ou Cultura.

Prospera a moción de censura en Noia e Francisco Pérez é elixido alcalde

Tal e como estaba previsto, trunfou a moción de censura en Noia e o socialista Francisco Pérez foi investido esta mañá coma novo alcalde. Para a súa elección o novo rexedor contou cos apoios de 9 dos 17 edís que conforman a corporación municipal: Partido Socialista, Marea, BNG e o edil non adscrito. Luís Alamancos.

Porto do Son repite éxito coa Festa do Polbo

Porto do Son celebrou esta pasada fin de semana a 31 edición da Festa do Polbo. Durante dous días, sábado e domingo, a vila converteuse en lugar de peregrinación para os amantes do cefalópodo.

O PP noiés defende a súa xestión á fronte do goberno a escasos días...

O PP de Noia saíu esta mañá ós medios para defender a súa xestión estes anos á fronte da alcaldía, a apenas dous días da moción de censura. Aínda que a aceptan, como parte das regras do xogo democrático, consideran a moción como oportunista, que para saír adiante se vale do apoio dun transfuga. O luns con toda probabilidade pasarán a oposición, anunciando que seguirán facendo o seu traballo por e para os veciños de Noia.

Presentan en Noia unha nova edición do Torneo de Baloncesto 3×3

Noia prepárase para acoller unha das citas deportivas máis destacadas do verán, o Torneo de Baloncesto 3x3 que organiza o CB Noia. a cita presentada esta mañá no Concello, desenvolverase a fin de semana do 16 e 17 de agosto. Agárdase unha alta participación, con máis de 50 equipos de categorías U-12, U16, Senior e veteranos.

Fin de semana de compras en Noia coa Feira Pop Up

Esta mañá inaugurábase na alameda noiesa a feira Pop UP. A iniciativa comercial organizada pola asociación Noia Histórica en colaboración co Concello prolongarase ata o domingo. Nela participan un total de trece establecementos comerciais da vila, ofrecendo importantes descontos de roupa e calzado.

A Festa do Polbo concentrará a atención das citas gastronómicas en Barbanza

Porto do Son prepárase para un dos seus días grandes, en canto a festas gastronómicas. A explanada portuaria acollerá esta fin de semana unha nova edición da Festa do Polbo. Todo un referente para os amantes do bo comer.

A Xunta leva a cabo novas intervencións arqueolóxicas no Castro de Baroña

A Xunta leva a cabo novas intervencións arqueolóxicas no Castro de Baroña, en Porto do Son. O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, visitou os traballos que se están a desenvolver actualmente, que contan cun investimento duns 18 mil euros.

REDES SOCIAIS

40,767FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete