A alameda de Noia acolle o I Torneo de Pickleball

NOIA> Esta mañá presentábase a primeira edición do Torneo de Pickleball Concellode Noia. A actividade, organizada pola concellería de Deportes, en colaboración coa Federación Galega de...

Freire considera inxustificada a moción de censura

O alcalde de Noia, o ‘popular’ Santiago Freire, asimila con resignación a moción de censura presentada polo Partido Socialista, BNG, Marea e o concelleiro transfuga, Luís Alamancos. Segundo el, esta acción que apartará ó PP e ó NOIA do goberno municipal está totalmente inxustificada, e responde unicamente a unha cuestión de oportunismo político e nunca polo ben común do Concello.

A directora xeral de Xuventude visita o minicampamento ‘Experiencia en Corrubedo’

A directora xeral de Xuventude, Lara Meneses, visitou esta mañá o minicampamento ‘Experiencia en Corrubedo’ que se está a desenvolver no Cámping Fraga Balada, en Porto do Son. Na actividade participan 20 nenos chegados dende diferentes localidades de toda Galicia de idades comprendidas entre os nove e os doce anos.

A Xunta licita as obras de conversión da vía de altas prestacións Brión-Noia en...

Luz verde á conversión da vía de altas prestacións Brión-Noia en autovía. A Xunta vén de licitar as obras por un importe de 11,2 millóns de euros. Dá resposta así a unha vella reivindicación da comarca para seguir mellorando as comunicacións con Santiago, beneficiando a unha poboación próxima ós 160 mil habitantes.

Éxito de público na Feira Celta de Porto do Son

A intensa calor rexistrada durante toda a ponte festiva na comarca de Muros-Noia non foi impedimento para que centos de persoas gozasen da Feira Celta de Porto do Son. Destacou o reforzo da animación de rúa e os espectáculos de gran formato.

Presentan en Noia o III Descenso a Nado Río Tambre

NOIA> O concello de Noia acolleu o acto de presentación dunha nova edición do Descenso a Nado Río Tambre. A proba terá lugar o sábado  9...

Inminente cambio de goberno en Noia trala presentación dunha moción de censura

O cambio de goberno en Noia é inminente. O PSOE, co apoio do BNG, a Marea Cidadá e o edil non adscrito, Luís Alamancos, presentaba esta mañá unha moción de censura contra o alcalde, Santiago Freire. O pleno para arrebatarlle a alcaldía celebrarase o 11 de agosto.

A alameda noiesa será escenario este sábado da I Feira do Deporte

Noia celebrará este sábado 26 de xullo a primeira edición da Feira do Deporte. Desenvolverase na Alameda, dende as dez da mañá ás dúas e media da tarde. Haberá stánds de clubs e entidades deportivas locais para dar a coñecer as actividades que realizan.

Noia celebra este sábado o XVII Certame de Pintura ao Aire Libre Juan José...

Noia celebra este sábado a dezasete edición do Certame de Pintura ó Aire Libre Juan José fernández Leiceaga. A cita, reunirá na vila, a preto dun cento de artistas de ámbito nacional e internacional. Co paso das edicións o concurso está a adquirir un maior auxe.

A conselleira do Mar participa en Outes na presentación do proxecto SeaLabHaus

A conselleira do Mar participou esta mañá en Outes na presentación do Laboratorio Atlántico do Mar, o SeaLabHaus. O proxecto busca integrar a arquitectura, o patrimonio, a cultura e o turismo do mar, promovendo un deseño funcional e moderno que sexa accesible a todos. 

REDES SOCIAIS

40,767FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete