Os noieses recuperan o seu pasado nunha multitudinaria feira medieval
Noia pechou unha nova edición da Feira Medieval con gran éxito de público. A chuvia non afectou á afluencia de visitantes a pesar de que obrigou a suspender o desfile de fachos previsto para o sábado pola noite.
Os nenos en Porto do Son disfrutan un verán máis dos campamentos de verán...
Porto do Son oferta un verán máis o campamento da ‘Movida Urbana’. Na iniciativa coa que o Concello busca a conciliación da vida laboral e familiar, participan preto de 300 nenos de dades comprendidas entre os 3 e 12 anos.
O executivo sonense executará unha nova senda litoral entre o Fonforrón e a Arnela
O executivo sonense prevé a execución dunha nova pasarela polo beiril no espazo comprendido entre a zona do Fonforrón e a praia da Arnela. A actuación, cun custe de máis de 200 mil euros, será financiada con fondos europeos xestionados a través da Asociación de Desenvolvemento Rural da Ría de Muros-Noia.
Mar anuncia as obras de mellora do abrigo do peirao e a ampliación de...
A conselleira do Mar, Marta Villaverde anunciou esta mañá en Portosín o inicio das obras de mellora do abrigo do peirao e a ampliación de atraques deste porto. A actuación, que será executada por Portos de Galicia, conta cun orzamento de preto dos 2’2 millóns de euros.
Noia prepárase para revivir o seu pasado medieval
NOIA> É unha das celebracións con maior repercusión das que se celebran na vila, xunto coa festa de San Marcos, razón pola que o Concello...
Arranca en Lousame unha nova busca dos restos de Manuel García Hermo
Este luns arrancará no cemiterio de Vilacoba, en Lousame, a busca dos restos de Manuel García Hermo, ribeirense represaliado tralo golpe do 36. A exhumación será levada a cabo por un equipo multidisciplinar coordinado polo prestixioso antropólogo forense Fernando Serrulla e o arqueólogo Andrés Bonilla. Os traballos serán financiados pola Deputación da Coruña, a través da área de Dereitos Civís, coa colaboración da Federación Española de Municipios e Provincias.
Noia estrea albergue de peregrinos na Chainza
Unha vez rematada as obras, e listas xa para o seu uso, o concello de Noia estuda como xestionar as novas dependencias do albergue da Chaínza. A idea que manexa o executivo local é deixalas en mans dunha asociación que rexenta este tipo de instalacións noutras zonas de Galicia.
Sete formacións musicais integran o cartel do Bolo Fest que se celebrará en Noia...
Noia acollerá o sábado 26 de xullo o Bolo Fest. Esta romaría contará este ano cun cartel musical moi amplo integrado por sete formacións locais. Entre elas, Puerta Cuatro, A Banda do Lara ou Sara e Majos.
Outes acollerá en agosto o I Master Nacional de Futbolín A Riola
Outes acollerá os días 1, 2 e 3 de agosto a primeira edición do Master Nacional de Futbolín. O torneo está organizado pola asociación A Riola, en colaboración co Concello, e nel agárdase unha participación dunhas 130 parellas chegadas dende diferentes localidades galegas e tamén do resto do ámbito nacional.
Os veciños de Ces celebrarán as súas festas cunha sardiñada popular e a orquestra...
A aldea de Ces, en Lousame, vivirá esta fin de semana as súas festas grandes. Ademais da sardiñada popular do domingo, a estrela do cartel será a orquestra Panorama que animará a verbena do luns.


















