Un concerto dende os balcóns do Casino porá o broche de ouro ó Xuño...

O Conservatorio de Noia pecha o Xuño Musical cunha actividade do máis innovadora. Máis de 60 músicos ofrecerán un concerto dende os balcóns do Casino poñendo así o mellor broche de ouro ó presente curso.

Uns trinta barcos participarán na XXV Regata Ramiro Carregal Rey

As instalacións do Real Club Náutico de Portosín acollían este mediodía a presentación da vixésimo quinta edición da Regata Ramiro Carregal Rey-Gran Trofeo Faro de Corrubedo. A cita, unha das máis senlleiras das que se celebran na comarca do Barbanza, disputarase esta vindeira fin de semana, os días 28 e 29.

O PP tomba unha proposta do BNG para a reconversión da planta de Servia

O BNG levou ó Parlamento unha Proposición Non de Lei para a reconversión da planta de reciclaxe de Servia, en Lousame. A proposta non saíu adiante ante a negativa do PP que votou en contra da iniciativa que pretendía asegurar o futuro da planta e dos seus máis de 100 traballadores.

A confraría noiesa prepara os seus bancos marisqueiros para a vindeira campaña

A confraría de Noia intensifica estes días os traballos nos seus bancos marisqueiros para que estean nas mellores condicións para o inicio da vindeira campaña, a finais do mes de setembro. Nas últimas semanas sementáronse máis de dous millóns de unidades de molusco, a maioría delas de ameixa, procedentes do seu criadeiro do Freixo.

O BNG insta á Xunta a apostar pola produción de semente de bivalvo a...

O BNG insta á Xunta a promover instalacións dedicadas á semente de bivalvo de cara a favorecer a recuperación do marisqueo. Os deputados nacionalistas, Rosana Pérez e Óscar Ínsua, visitaron esta mañá o criadeiro que a confraría de Noia ten no Freixo para coñecer o proceso de produción.

O PSOE de Lousame reclama un maior control na execución das obras

LOUSAME> O pasado verán o executivo local realizaba o acondicionamento da estrada municipal entre Aldarís ó cruce de Burzó. Unha actuación que tiña como principal finalidade...

Noia estuda a viabilidade do centro de día na Chaínza por ser zona potencialmente...

A residencia da terceira idade de Ribeira non é o único proxecto afectado polo cambio de normativa que impide construír instalacións públicas en zonas potencialmente inundables. No caso do centro de día da Chaínza en Noia, o concello está a realizar as consultas oportunas para determinar a viabilidade do proxecto.

Comezan as obras de pavimentación e mellora da accesibilidade en Vistafermosa

O concello de Noia inviste 230 mil euros na mellora da rúa de Vistafermosa ó cruceiro de Barro. Ademais da nova pavimentación e mellora da accesibilidade procederase á renovación das canalizacións de auga e saneamento.

Serra do Barbanza fixa como prioridade manter os postos de traballo na planta de...

Os concellos da Mancomunidade Serra do Barbanza seguen a traballar na busca dunha solución alternativa que garanta a continuidade da planta de Servia. Na próxima reunión da xunta directiva abordarase os futuros usos da instalación que poderían pasar pola xestión de residuos da construción ou dos puntos limpos.

O son das arpas volverá inundar Noia do 30 de xullo o 2 de...

Noia acollerá a decimo segunda edición do Noia Harp Fest entre o 30 de xullo e o 2 de agosto. O festival contará con destacados representantes da música folk a nivel internacional como Rebeca Hill ou Kevin Le Pennec.

REDES SOCIAIS

40,767FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete