Máis de 30 establecementos participarán este sábado na Pink Fashion de Noia

Unha trintena de establecementos participarán este sábado na decimo terceira edición da Pink Fashion de Noia. Ademais de descontos do 20 por cento, os clientes optarán a un premio dun vale de compra de 500 euros que se sorteará ó final da xornada.

Noia acollerá en xullo a terceira edición do Congreso Internacional de Odontoloxía

Noia acollerá en xullo unha nova edición do Congreso Internacional de Odontoloxía. A cita, terá lugar os días 4 e 5 no Liceo e nela prevese a participación de máis de 250 profesionais chegados dende diferentes nacionalidades.

Lousame despide ás participantes no Programa de Voluntariado Europeo

As traballadoras do Programa de Voluntariado Europeo finalizaron a súa estadía en Lousame. o concello brindoulles unha emotiva despedida en agradecemento ó seu labor de dinamización no eido deportivo e sociocultural.

O IES de Porto do Son busca ampliar a súa oferta formativa cun Grao...

A delegada territorial da Xunta na Coruña visitou hoxe o IES de Porto do Son onde se imparte o Ciclo Medio de Guía no Medio Natural e de Tempo Libre. Dada a alta demanda desta especialidade, o centro solicitou a implantación do Grao Superior para o vindeiro curso.

Noia reunirá a destacados investigadores nunha nova edición da Semana da Historia

A concellería de Cultura de Noia desenvolverá un ano máis a súa semana da Historia, este ano co título de ‘As Portas do Mar’. Será do 3 ó 10 de maio no Teatro Coliseo Noela. O programa deseñado para esta edición, a número doce, incluirá diversas ponencias a cargo de reputados historiadores e investigadores.

Lousame e Rois contarán cun punto limpo móbil

A Xunta realizou unha achega duns 81 mil euros para a compra dun punto limpo móbil que será compartido polos concellos de Lousame e Rois. Os dous municipios iniciarán a licitación do equipamento para que o servizo poida comezar a prestarse o antes posible.

Éxito de participación na Feira de San Marcos con máis de 70 cabalos a...

Noia volveu vivir unha das súas festas máis tradicionais: o San Marcos. O atractivo principal foi a Feira Cabalar que reuniu a centos de veciños e visitantes. A xornada prolongouse ata ven entrada a noite coa verbena a cargo da orquestra Finisterre e unha discomóbil.

Noia acolle este sábado unha velada de deportes de contacto

Noia volverá vivir este sábado unha xornada de deportes de contacto con participantes de primeiro nivel. O pavillón Agustín Mourís acollerá dende as seis e media da tarde unha velada organizada polo Club de Loita Noia.

Heredeiros da Crus e Monolius Dop integran o cartel do Estival Fest de Noia

Sete anos despois do seu primeiro concerto conxunto, Monolius Dop e Heredeiros da Crus volverán actuar xuntos en Noia. Será no Estival Fest que se celebrará o 17 de maio no recinto do IES Campo de San Alberto.

Investigan a autoría dos actos vandálicos cometidos na piscina e no campo de fútbol...

A piscina municipal de Noia e o campo de fútbol Julio Mato foron obxecto de actos vandálicos nos últimos días . A Garda Civil abriu unha investigación para identificar ós autores dos roubos e danos rexistrados nestas instalacións municipais.

REDES SOCIAIS

40,767FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete