O pregón de José Ortoño dá inicio á Semana Santa de Porto do Son
Todo listo en Porto do Son para celebrar a Semana Santa que dará comezo este venres. Os dferentes actos que se levarán a cabo foron presentados nun acto celebrado a pasada tarde na capela da Atalaia. Contou coa presenza do párroco de Noia, José Ortoño, encargado de dar lectura ó pregón.
A Semana Santa de Noia contará por primeira vez cun paso infantil
Noia vivirá a súa Semana Santa cun amplo programa de actividades relixiosas. A principal novidade deste ano será a estrea dun paso infantil. Unha decena de nenos da confraría do Nazareno sairán o Xoves Santo na procesión das Carracas.
O novo alumeado do campo de fútbol de Porto do Son supón un aforro...
O concello de Porto do Son segue a promover actuacións de aforro enerxético nas instalacións municipais. A última consistiu na substitución do alumeado do campo de fútbol grazas a unha subvención da Consellería de Presidencia.
A Creba disporá dunha nova sede no centro de Noia
A directora xeral de Persoas con Discapacidade visitou esta mañá as instalacións da Creba en Noia. Begoña Abeijón interesouse polo proxecto de construción da nova sede no que a Xunta leva investidos máis de 350 mil euros.
Un veciño de Noia esixe a retirada duns postes de telefonía que invaden a...
Un veciño de Noia denuncia a existencia de varios postos de telefonía que invaden a súa propiedade. A pesar de que contactou coa compañía e ofreceuse a ceder parte da súa finca para o traslado, segue sen resposta dous anos despois.
O Rali Berberecho de Noia recupera o tramo urbano
Todo preparado en Noia para acoller unha nova edición do Rali Berberecho. A cita, unha das clásicas do motor na nosa comunidade, disputarase os días 4 e 5 de abril, baixo a organización da escudería Berberecho.
Portos creará 400 novas prazas de estacionamento en Noia coa mellora da explanada de...
Portos de Galicia habilitará 400 prazas de estacionamento na explanada de Labarta, en Noia. A actuación, que contempla a pavimentación dunha superficie de seis mil metros cadrados, suporá un investimento dun millón de euros.
Portosín e Outes abrirán o Campionato de España de Motonáutica Inclusiva
A Ría de Muros e Noia será escenario un ano máis do arranque do Campionato de España de Motonáutica Inclusiva. A primeira das probas terá lugar xa este sábado 29 de marzo en Portosín. Unha semana despois a competición trasladarase a Outes, coa disputa da segunda proba do Campionato, no porto Freixo. As dúas serán valedoiras tamén para o campionato galego.
O futuro centro de saúde de Noia podería entrar en servizo a principios de...
A adxudicación da redacción do proxecto do centro de saúde de Noia supón un novo avance na tramitación desta gran obra que podería ser unha realidade a finais do 2027. A intención da Consellería de Sanidade é poder licitar as obras ó longo deste ano. O prazo de execución é de dous anos e medio.
Noia pechou 2024 con máis de 700 mil euros de superávit orzamentario
O alcalde de Noia deu conta do bo estado das contas municipais tras aprobarse a liquidación da Conta Xeral de 2024. O superávit orzamentario supera ós 700 mil euros mentres que o remanente de tesourería rolda os 4 millóns e medio.

















