As obras da ETAP de Noia estarán rematadas a finais de xuño
O alcalde de Noia mantiña a pasada tarde un encontro con técnicos de Augas de Galicia e responsables da empresa que está a executar das obras da ETAP. As melloras avanzan a bo ritmo e a previsión é que estean rematadas a finais de xuño.
O concello de Lousame traballa na mellora das infraestruturas deportivas
O concello de Lousame está a traballar en varios proxectos para mellorar infraestruturas deportivas no municipio. Destacan a renovación da cuberta da pista deportiva do Sanguiñal e o céspede do campo de fútbol de Cabanetán.
Franciso Calo ultima o reparto das áreas do novo goberno de Outes
Dúas semanas despois de converterse en alcalde de Outes, Francisco Calo está a ultimar a estrutura do novo goberno. Entre os seus principais obxectivos a curto prazo destaca a atención ás necesidades veciñais e a elaboración dos orzamentos.
Medio Rural destina 140 mil euros á mellora de camiños rurais en Outes
A delegada territorial da Xunta na Coruña visitou o concello de Outes para coñecer algunhas das actuacións nos camiños rurais desenvolvidas no municipio. A Xunta destinou 140 mil euros para a mellora destas vías na convocatoria bianual de axudas de Medio Rural.
A alcaldesa de Lousame defende as actuacións no Museo Mineiro de San Finx
A alcaldesa de Lousame saíu ó paso das críticas formuladas dende a agrupación socialista sobre a falla de mantemento do poboado mineiro de San Finx. Teresa Villaverde indicou que algunhas instalacións resultaron danadas tralos recentes temporais pero que o concello xa está traballando na súa reparación.
O PSOE de Lousame demanda maior mantemento na contorna do Museo de San Finx
O PSOE de Lousame demanda arranxos na contorna do Museo Maneiro de San Finx. Os socialistas denuncian o mal estado en que se atopa un dos principais recursos turísticos do concello.
Reabre a campaña marisqueira de Noia con máis berberecho que ameixa
Os mariscadores de Noia volveron hoxe á actividade tralo parón do Nadal. Fixérono con topes baixos que non custou acadar no caso do berberecho. Pola contra, a ameixa non abonda, especialmente a babosa e a fina.
A XI BTT Ría de Noia será o domingo 9 de marzo
Esta mañá presentábase a undécima edición da BTT Ría de Noia. A proba, organizada polo Club Ciclista Toxo, celebrarase o domingo 9 de marzo. Nela prevese unha participación próxima ós 400 corredores.
Francisco Calo convértese no novo alcalde de Outes tras prosperar a moción de censura
Francisco Calo é o novo alcalde de Outes tras prosperar a moción de censura contra o xa ex rexedor Manuel González. No pleno celebrado esta mañá vivíronse momentos de gran tensión, especialmente durante a intervención de Tono Caamaño.
Caamaño non podería formar parte do novo goberno nin recibir salario algún do Concello
Un informe xurídico elaborado pola secretaria municipal de Outes afirma que o edil Tono Caamaño, unha vez ratificada a súa expulsión do Partido Socialista, deberá pasar á condición de concelleiro non adscrito, polo que non poderá formar parte do goberno que xurda da moción de censura nin tampouco recibir salario algún do Concello.

















