Noia licita a reforma integral do parque infantil da Alameda
O concello de Noia acometerá de inmediato a renovación integral do parque infantil da alameda. A actuación, cun investimento de case 67 mil euros, permitirá crear un espazo máis seguro, moderno e inclusivo, con novos xogos, un pavimento renovado e elementos adaptados.
Diego Calvo supervisa as obras de ampliación do complexo deportivo da Tarela
O conselleiro de Presidencia visitaba esta mañá O Porto do Son para coñecer o avance das obras do complexo deportivo da Tarela. Esta primeira fase permitirá a ampliación do ximnasio e a creación dunha nova área de aparcamento.
Un cento de deportistas participarán na Travesía a Nado entre Testal e O Freixo
Preto dun cento de persoas daranse cita na Travesía a Nado entre os portos de Testal e o Freixo, organizada por ADECO-DEA. A proba, que se desenvolverá o sábado 15 de agosto, non terá carácter competitivo senón que busca converterse nunha xornada para o deporte e a inclusión.
Lousame programa unha nova edición das Leisure Activivities a cargo das voluntarias europeas
O concello de Lousame abre o prazo de inscricións para participar no programa de Leisure Activities que dará comezo o 17 de agosto. Será impartida polas voluntarias que acaban de incorporarse no marco do programa de Voluntariado Europeo do que Lousame forma parte dende 2017.
O Porto do Son revive o seu pasado castrexo cunha Feira Celta moi concorrida
Tamén no Porto do Son, a cita co pasado congregou a milleiros de visitantes na súa feira celta. O mercado artesán da Praza de España e rúas próximas foi o punto de encontro desta cita festiva na que a animación e a gastronomía fixeron gozar a tódolos que se achegaron ata a vila durante a fin de semana.
A Xunta instala na praia sonense do Cruceiro o seu primeiro refuxio inclusivo
A conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, visitou esta mañá no concello do Porto do Son o refuxio inclusivo instalado na praia do Cruceiro. Trátase dun proxecto piloto co que se busca dar acubillo ás persoas con problemas de mobilidade que se achegan ó areal en caso de condicións climáticas adversas. O proxecto, que conta cun orzamento duns 85 mil euros, levouse a cabo tamén nas praias da Ladeira, en Baiona, e na da Area, en Viveiro.
O programa ‘Rural Activo’ fomenta a creación de emprego e a prevención dos incendios
A delegada territorial da Xunta na Coruña visitou o concello de Lousame para coñecer os traballos que se están a desenvolver no marco do programa ‘Suma Talento, Verán Activo’. A Xunta destinou 85 mil euros á contratación de cinco persoas desempregadas que realizan tarefas de conservación forestal e prevención de incendios.
A área de estacionamento de autocaravanas da Barquiña entrará en servizo nos próximos días
A próxima semana entrará en servizo a área de estacionamento de autocaravanas de Noia. O proxecto, enmarcado no Plan de Sustentabilidade Turística en Destino, supuxo un investimento próximo ós 200 mil euros.
Presentada a novena edición do Trofeo Portus Apostoli
Esta mañá presentábase en Noia a novena edición do Trofeo Portus Apostoli. A cita organizada polo Noia Fútbol Sala, en colaboración co Concello, disputarase no pavillón Agustín Mourís os días 21 e 22 de agosto, coincidindo coas festas do San Bartolomeu. A cita, que se disputará en formato de semifinal e final, reunirá, ademais do equipo local, o Noia Portus Apostoli, ó Palma Futsal, ó Parrulo de Ferrol e a Selección de Indonesia. Un cartel de auténtico luxo.
Noia potencia o talento dos musicos locais no Rúas Vivas
O Campo da Feira será escenario este sábado do Festival Rúas Vivas. Arrancará xa pola mañá con actividades para nenos, un mercado de artesanía e unha sesión vermú.


















