O BNG esixe novamente un regulamento de baleirado e limpeza de encoros

O BNG levará de novo ó Parlamento unha iniciativa para reclamarlle á Xunta a elaboración dun regulamento de baleirado e limpeza daqueles encoros que son da súa competencia. Os nacionalistas insisten na afección negativa que estas prácticas producen na actividade produtiva das rías.

A hostalería de Outes súmase á campaña ‘Caldo de Gloria’ polo Día de Rosalía

O concello de Outes sumouse este ano ós actos convocados pola Fundación Rosalía de Castro e Hostelería.gal para conmemorar o nacemento da escritora. En colaboración coa hostalería local ofrecerán ‘caldo de gloria’ de tapa a última fin de semana de febreiro.

Compromiso Outes e BNG acusan a Caamaño de moverse por intereses persoais e traizoar...

Superada a sorpresa inicial causada pola presentación da moción de censura, os responsables do goberno de Outes expuxeron as súas reaccións ante esta manobra que, previsiblemente, os afastará do concello. O pleno para aprobar a moción e investir ó novo alcalde celebrarase o 25 de febreiro.

O edil do PSOE de Outes presenta unha moción de censura xunto co PP

Moción de censura á vista en Outes. Esta mañá o Partido Popular e o edil díscolo do Partido Socialista, Tono Caamaño, que a pasada semana decidira abandonar o goberno tripartito, presentaron a proposta para un cambio de goberno. A nova caeu coma unha bomba, xa que ninguén presaxiaba este xiro de guión.

A renuncia de Caamaño deixa ao goberno de Outes en minoría

O edil do PSOE de Outes, Tono Caamaño, abandona o goberno municipal, que queda agora en minoría con Compromiso Outes e BNG, con 6 de 13 concelleiros na corporación municipal. A través dun comunicado remitido ós medios explica as razóns que o levaron a tomar esta decisión, despois dun período de reflexión. Di que toma a decisión despois de observar que neste ano e medio de mandato non se observou cambio algún con respecto ó goberno anterior.

A Xunta anima a participar na nova convocatoria do Bono Enerxía PEME

A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, visitaba esta mañá en Lousame a farmacia de Valentina Domínguez, que resultou beneficiaria o pasado ano do Bono Enerxía Peme. Aproveitou a visita para animar ós negocios da zona a solicitar este tipo de achegas que axudan a reducir os custes enerxéticos.

Noia destinará máis de 250 mil euros do POS a gasto corrente

Noia destinará preto de 260 mil euros do POS a gasto corrente. O resto dos fondos destinaranse a outros proxecto como a factoría da mocidade na Chaínza e varias obras relacionadas coa accesibilidade e dotación de servizos básicos.

Os mariscadores de Noia recollen o marisco arrastrado polos temporais para volver a...

A sucesión de temporais nas últimas semanas tivo tamén consecuencias negativas sobre os bancos marisqueiros. En Noia, o mar arrastrou ata a praia de Testal gran cantidade de ameixa e berberechos. Os mariscadores retiraron esta mañá o marisco para volver sementalo nas autorizacións da confraría.

O temporal desprende a cuberta da piscina municipal e derruba un cruceiro en Noia

A borrasca Herminia deixou numerosas incidencias na comarca de Muros-Noia: O forte vento provocou o desprendemento de varias pranchas da cuberta da piscina de Noia que obrigou a pechar a instalación. Tamén derrubaba parte dun cruceiro na parroquia de Barro.

A Ría da Estrela presenta o catálogo de peregrinacións marítimas en Fitur

A Ría da Estrela presentou en Fitur as novidades da súa oferta turística baseada este ano no seu primeiro catálogo de peregrinacións marítimas a través da ría de Muros e Noia. Aproveitou a súa presenza na feira para presentar tamén o primeiro itinerario cultural e paisaxístico circular, tomando coma referencia dúas rutas xacobeas, o Camiño de Fisterra-Muxía e o Camiño da Ría de Muros-Noia. A Ría da Estrela escolleu Fitur, a feira internacional de turismo más importante por volume de participantes e asistentes, para presentar as principais novidades da súa oferta turística para este 2025. O alcalde de Noia, Santiago Freire, que vén de asumir cargo de presidente da entidade en substitución da alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde, foi o encargado de presentar o xeodestino, vinculado ó Camiño de Santiago. A primeira das propostas, o primeiro primeiro catálogo de peregrinacións marítimas a través da Ría de Muros Noia, que ofrece a posibilidade de facer a ruta navegando de tres formas distintas

REDES SOCIAIS

40,767FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete