PSOE e Marea de Noia recorren a aprobación do orzamento

O PSOE e a Marea de Noia recorren conxuntamente a aprobación do orzamento municipal. Basean o recurso en que o presuposto incumpre a legalidade ó non ter consignados gastos comprometidos polo concello como o pago das cotas da Mancomunidade Serra do Barbanza.

Outes organiza a primeira edición da Feira do Nadal

Outes organiza a primeira edición da Feira do Nadal. Terá lugar esta fin de semana na Praza do Bosque. A finalidade da mesma non é outra que a promoción do comercio local.

A Xunta insta ó goberno central a esixir responsabilidades polo dano ambiental do vertido...

Este fin de semana cumprirase un ano da chegada ás praias galegas dos primeiros sacos de pelets procedentes do Toconao. Coincidindo con este aniversario a Xunta vén de anunciar a presentación dun recurso de alzada instando ó goberno central a depurar responsabilidades polo dano ambiental

En marcha a quinta edición do proxecto EcoNoia

Máis de 200 mariscadores, administracións e entidades pesqueiras e ambientais participan na quinta edición de EcoNoia. Ademais de varias xornadas de limpeza na costa, o proxecto inclúe a edición dun manual para reducir o lixo na ría e un taller de arte reutilizando os residuos mariños.

Un grupo de veciños de Cando denuncia prácticas autoritarias por parte do párroco

A tranquila parroquia de Cando, no concello de Outes,  vive estes días un clima de tensión tralos enfrontamentos entre o cura e un grupo de veciños.  Acúsano de impoñer os horarios, tarifas e demais condicións para os enterros ou prohibir que sexan oficiados por outros curas.

Outes incorpora este ano unha Feira de Nadal á súa programación festiva

O xoves día 5 dará comezo o Nadal en Outes co acendido do alumeado na praza de Galicia. Dará o pistoletazo de saída a un amplo programa de actividades que busca o disfrute dos veciños e a atracción de visitantes para dinamizar a economía local.

O BNG de Muros-Noia presenta emendas ós orzamentos da Xunta por valor duns 26...

O BNG presenta emendas ós orzamentos da Xunta para 2025 referidas ás comarcas de Muros e Noia por un valor duns 26 millóns de euros. A través delas, os nacionalistas pretenden paliar as necesidades dos veciños destas dúas comarcas, pare eles, novamente esquecidas nos presupostos do Goberno Galego.

Chega unha nova edición da Sin-Son 10k

Esta mañá presentábase oficialmente unha nova edición da Sin-Son 10K. A carreira, incluída no calendario oficial de probas da Federación Galega de Atletismo, terá lugar o domingo 22 de decembro. A día de hoxe, a falla de varias semanas para o peche das inscricións, xa hai preto dos 1.400 inscritos.

O BNG de Noia denuncia a execución dunha obra sen control arqueolóxico na contorna...

O BNG de Noia denuncia a realización dunha obra sen o correspondente control arqueolóxico. Os nacionalistas refírense a varios treito dunha beirarrúa fronte ó Casino que foron pavimentados con formigón.

Barbanza e Muros-Noia din ‘non’ a violencia de xénero

En Barbanza e Muros-Noia sucedéronse tamén numerosos actos institucionais para conmemorar o Día Internacional Contra a Violencia de Xénero. Un dos máis significativos tiña lugar en Ribeira, na carpa do mercado, no que ademais das autoridades locais, tomaron parte os centros educativos de secundaria e outras entidades, como é o caso de AMBAR, A Creba ou AGADEA.

REDES SOCIAIS

40,767FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete